  - O Supremo obriga a conserveira Calvo a pagar 9,7 millóns a Facenda por fraude arancelaria en importacións de atún- O grupo conserveiro galego importou produtos atuneiros dende a súa planta de El Salvador acolléndose a beneficios arancelarios que a UE aplica a ese país, pero unha investigación de Antifraude determinou que a orixe de "cantidades significativas" de produto non era o declarado. O Grupo cree que recibiu un trato "contrario a Dereito" e reitera que a orixe de todas as súas importacións "cumprían os requisitos da normativa" 
  - Dependencia, vivenda e obras, maiores subas do orzamento clave na continuidade do Goberno do PSOE- O Consello de Ministros dá luz verde aos primeiros Orzamentos da etapa de Sánchez, cuxa difícil aprobación é transcendental para a continuidade ou non da lexislatura. Coa entrega do proxecto ao Congreso será público o investimento territorializado, que no caso galego previsiblemente volverá baixar polo remate das grandes achegas para as obras do AVE 
  - Arriva quere estrear o tren A Coruña-Porto o 17 de xullo de 2019 condicionada por obras pendentes en Galicia e Portugal- Aínda non comezaron os traballos de electrificación duns 8 quilómetros en Tui e doutros 48 entre Valença e Nine 
