A intelixencia artificial no gume da navalla
O desenvolvemento presente e futuro das IA que definirán a nosa época pode e debe ser sometido a control democrático e posto ao servizo da humanidade en conxunto. As habelencias computacionais de IA como GPT-4 deben facilitar o noso progreso científico, social e humanístico. Os problemas do século XXI requirirán de solucións do século XXI, e as grandes IA do noso tempo atópanse suspendidas no gume dunha navalla: dun lado, evocan perigos inimaxinables; do outro, prometen portentos e milagres.