Ramón Villares

  • O Consello de Galiza, Goberno galego no exilio

    A fundación do Consello de Galiza tivo lugar en 1944. A súa lexitimidade derivaba do plebiscito de xuño de 1936, de cuxa vontade política o futuro Consello de Galiza sería unha institución “fideicomisaria”. Aquel acto foi o punto de chegada dun longo proceso que comezara na Asemblea das Irmandades da Fala celebrada en Lugo, en novembro de 1918, mais tamén o principio dunha nova andaina de defensa da autonomía de Galicia, que embocaría na aprobación dun novo Estatuto de Autonomía.