SOS Sanidade Pública: "O copagamento é un imposto á enfermidade que dificultará o acceso á atención sanitaria"
A Plataforma SOS Sanidade Pública comezou a principios do pasado mes de febreiro a promover unha Iniciativa Lexislativa Popular en defensa do Sistema Sanitario Público. En maio terán altamente superadas as 15.000 sinaturas de apoio necesarias para que se acepte a trámite, pero a actual maioría absoluta do PP no Parlamento galego ameaza con impedir que poida seguir adiante. Falamos con Manuel Martín, voceiro da plataforma.
“Debemos ver os homes como parte implicada na loita feminista”
Con case tres décadas de vida, Andaina pode presumir de ser a revista feminista galega máis antiga que se publica hoxe en día no país. Na semana de celebración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, Ana Arellano, membro de Andaina de Mulleres e do Consello de Redacción da Revista Andaina, repasa cales foron os camiños andados polo feminismo galego e os que lle quedan por andar nunha loita pola igualdade que na actualidade, asegura, “segue a ser unha utopía”.
Só o 5% das mulleres chega á idade de xubilación con 35 anos cotizados
Dez colectivos lanzan a campaña nacional conxunta do 8 de marzo baixo o lema ‘Mulleres galegas, en loita polos nosos dereitos!’, nun momento no que se asiste ao “recrudecemento do machismo nas institucións” e á “ausencia de políticas feministas reais”. Denuncian a eliminación das políticas públicas de igualdade e de educación sexual.
Martiño Noriega: "Moita xente entende que na organización non se lle quere e non se sente cómoda"
Nun proceso que esixe certa celeridade e sen ter tomado decisión ningunha en firme, Martiño Noriega, alcalde de Teo, valora os resultados da asamblea nacional do BNG, a situación actual e tamén os acontecementos que se produciron nas semanas anteriores.