Analizan como “varamento masivo” a aparición simultánea de catro golfiños comúns en praias da ría de Arousa

Imaxe distribuImaxe distribuída por Cemma da recuperación dun golfiño varado © Cemma

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) investiga os varamentos como “o final dun proceso que hai moito tempo que deu comezo”

Durante a pasada fin de semana cando menos catro golfiños comúns vararon en distintas praias da ría de Arousa. Unha coincidencia que a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), a entidade encargada pola Xunta da recuperación dos mamíferos mariños que chegan á costa galega, está a analizar como “varamento masivo”.

Segundo o Cemma, praias do Grove, a Illa de Arousa, Rianxo, Boiro e Sanxenxo rexistraron durante os últimos días avistamentos de cinco cetáceos (catro golfiños comúns e un arroaz) “varados vivos ou en risco de varar”. Deles, morreron dous machos adultos.

Un golfiño varado a pasada fin de semana na ría de Arousa © Cemma

"A maior parte dos golfiños varados morren nas redes, mais non é o caso do varamento masivo desta fin de semana"

O Cemma explica que “o varamento simultáneo de ao menos catro golfiños comúns pode cualificarse de varamento masivo” e engade que aínda que hai moitos varamentos en Galicia, a maior parte deles morren nas redes, mais non é o caso do varamento masivo desta fin de semana”. “A supervivencia destes exemplares nestes casos é escasa, o que estamos vendo é o final dun proceso que hai moito tempo que deu comezo”, sinala a organización.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.