Pola mañá os sindicatos convocan as súas respectivas manifestacións ao redor das 12 do mediodía. Pola tarde terán lugar as mobilizacións unitarias, impulsadas tamén polas entidades de vivenda
A folga xeral xógase nos centros de traballo e tamén nas rúas. Ao longo de toda a xornada as organizacións impulsoras do paro xeral convocan mobilizacións nas principais cidades e vilas do país para amosar o músculo da protesta. Pola mañá son os sindicatos os que convocan manifestacións, entre as 11 e as 12 do mediodía. Xa pola tarde están programadas manifestacións unitarias, ás 18 horas, convocadas tamén polos distintos colectivos de vivenda.
Ademais, ensaiando un novidoso repertorio de mobilización, están previstas outras accións colectivas, coma a que na Coruña propón o Sindicato de Vivenda, que ás 10 da mañá fai un chamamento a "montar as casas que non temos", levando ao Obelisco alfombras, lámpadas e outros elementos do fogar.
As manifestacións da tarde estarán estruturadas por bloques, decidíndose por exemplo na de Santiago que estea encabezada polas faixa unitaria do Comité de Folga Territorial, con representantes das colectivas que organizan
As convocatarias previstas para a tarde nas sete cidades galegas, ademais de en Vilagarcía e Cangas, son unitarias e contan co apoio de todas as organizacións convocantes, sindicatos e colectivos de vivenda. Estarán estruturadas por bloques, decidíndose por exemplo na de Santiago que estea encabezada polas faixa unitaria do Comité de Folga Territorial, con representantes das colectivas que organizan.
Seguirán as organizacións de vivenda, a veciñanza, asociacións e comités de barrio. Logo virán os sindicatos laborais e o bloque educativo (sindicatos de ensino, asembleas abertas de profesorado e persoal investigador, sindicatos estudantís...). E, ao final, será o espazo para os movementos sociais, as organizacións políticas e os partidos políticos.
Están previstas outras accións colectivas, coma a que na Coruña propón o Sindicato de Vivenda, que ás 10 da mañá fai un chamamento a "montar as casas que non temos", levando ao Obelisco alfombras, lámpadas e outros elementos do fogar
Pola mañá os sindicatos laborais convocan as súas respectivas manifestacións, que non serán unitarias, mobilizándose a CIG por unha banda e CCOO e UXT pola outra. Tamén as CUT convoca mobilizacións en Cangas e Santiago. A CIG convoca manifestacións pola mañá nas sete cidades e tamén en Carballo, Cee, Vilagarcía, A Estrada, Ribeira, As Pontes, Burela, Monforte, O Barco e Verín. Mentres, CCOO e UXT chaman tamén a mobilizarse en Viveiro e Vilagarcía.
A CIG pon no centro das reivindicacións "loita por unha vida digna", reclamando que "a suba dos prezos a pague o capital". Mentres, CCOO e UXT chaman a facer a folga "contra os especuladores, contra os que bloquean a negociación colectiva, contra os que votan en contra das maiorías sociais no Congreso e contra os que queren que a clase traballadora pague decisións xeoestratéxicas como as guerras".