Este luns o Concello de Ferrol aprobou o proxecto Abrir Ferrol ao Mar, unha intervención que comezará precisamente na contorna do Arsenal e que incluirá o derrubo de parte da súa muralla, que será substituída por un valo. O mar non se poderá tocar, pero si ver a través deste novo peche.
Ferrol é un dos concellos galegos con máis quilómetros de litoral. Dende Ponzos e Santa Comba, abertas ao Océano Atlántico ata a Gándara, xa no interior da ría, o mar rodea os case 82 quilómetros cadrados dun termo municipal que conta con algunhas das máis fermosas praias de Galicia. Porén, dende o centro da cidade resulta moitas veces difícil ver o mar. Coa excepción do pequeno espazo aberto no peirao de Curuxeiras, para atopalo hai que desprazarse ata o barrio de Caranza ou ata a Enseada da Malata.
No medio, instalacións portuarias civís, o estaleiro de Navantia e o Arsenal militar ocupan a liña de costa, de xeito que o mar se intúe, pero non se ve. Ou vese, pero non é accesible.
Dende hai anos o obxectivo de "abrir Ferrol ao mar" foi repetido por moitas voces políticas e sociais na cidade, con proxectos que chocaban coa continuidade das actuais actividades desenvolvidas por exemplo no Arsenal militar ou co mantemento da súa muralla, construída no século XVIII.
O prazo de execución é de 18 meses e o orzamento da obra supera os 5,5 millóns de euros. A intervención abranguerá un espazo de 30.000 metros cadrados ao longo de 1,5 quilómetros, entre o barrio de Ferrol Vello e a Avenida de Esteiro
Este luns o Concello de Ferrol aprobou o proxecto Abrir Ferrol ao Mar, unha intervención que comezará precisamente na contorna do Arsenal e que incluirá o derrubo de parte da súa muralla, que será substituída por un valo. O mar non se poderá tocar, pero si ver a través deste novo peche.
O prazo de execución é de 18 meses e o orzamento da obra supera os 5,5 millóns de euros. A intervención abranguerá un espazo de 30.000 metros cadrados ao longo de 1,5 quilómetros, entre o barrio de Ferrol Vello e a Avenida de Esteiro e para o alcalde José Manuel Rey Varela, trátase do "proxecto urbanístico máis importante aprobado polo Concello de Ferrol nos últimos anos".
A obra inclúe unha "rexeneración integral" do espazo e actuacións de fomento da mobilidade sostible mediante a prolongación do carril bici e itinerarios peonís
A muralla do Arsenal será restaurada, respectando a súa cota orixinal do século XVIII, e substituiranse varios treitos por enreixados metálicos diáfanos, "garantindo unha conexión visual coa ría sen renunciar á seguridade", sinala o Concello de Ferrol. Así mesmo, darase un tratamento especial á Porta de Enfermaría, que será a nova porta principal do Arsenal.
Ademais, executarase unha integración estética e paisaxística da zona de contacto entre o mar e a trama urbana acadando os obxectivos de mellora na infraestructura verde da cidade. “Converteremos o que era a traseira da cidade no seu atractivo principal”, engadiu o rexedor.

“Converteremos o que era a traseira da cidade no seu atractivo principal”, di o alcalde Rey Varela
A obra inclúe unha "rexeneración integral" do espazo e actuacións de fomento da mobilidade sostible mediante a prolongación do carril bici e itinerarios peonís xa executados na fronte do Porto, e a súa conexión co centro urbano. Así mesmo, rehabilitaranse prazas claves como a Porta do Parque, a praza de Galicia e a Porta do Dique, conectando con zonas verdes como a alameda do Carbón.
Esta actuación será a Fase I do proxecto Abrir Ferrol ao Mar, que será continuada nos vindeiros anos por dúas novas fases: no barrio de Esteiro e, finalmente, no barrio de Caranza
Esta actuación será a Fase I do proxecto Abrir Ferrol ao Mar, que será continuada nos vindeiros anos por dúas novas fases: no barrio de Esteiro e, finalmente, no barrio de Caranza, onde dende hai anos se reclama, por exemplo, a rexeneración do espazo litoral anexo ao Auditorio municipal, que podería converterse nunha nova praia e paseo marítimo.