As administracións á vangarda da sustentabilidade: Santiago impulsa a eficiencia enerxética nas súas instalacións

O centro deportivo Santa Isabel, onde se acometeron melloras como a instalación de paneis solares ©

 

Ante os retos ambientais do século XXI, o Concello de Santiago considera que as administracións públicas deben ser un exemplo de sustentabilidade Seguindo esta liña, o Concello incluíu na súa estratexia EDUSI (Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado) a rehabilitación enerxética de numerosos edificios municipais.

Consciente do consumo enerxético dunha administración pública, o Concello de Santiago impulsou un proxecto de eficiencia enerxética nas súas instalacións no marco da estratexia EDUSI

Neste sentido, destacan a gran cantidade de instalacións municipais, dende edificios administrativos pasando por pavillóns ou centros socioculturais, co seu implícito consumo enerxético. Por iso, para o Concello de Santiago era prioritario acometer melloras que reduzan a demanda enerxética, avanzando cara a unha administración máis sustentable.

Neste proxecto de rehabilitación enerxética de edificios municipais de Santiago de Compostela, destácanse medidas como a mellora da envolvente térmica para reducir a demanda enerxética, a optimización das instalacións de calefacción e iluminación mediante a substitución de equipos obsoletos, a incorporación de enerxías renovables como a solar, e a concienciación de persoas usuarias sobre a importancia de prácticas sustentables. Estas accións tradúcense no compromiso da cidade coa eficiencia enerxética e a transición cara a fontes de enerxía limpas e renovables.

Concretamente, os fondos europeos permitiron que o Concello de Santiago mellorase a eficiencia enerxética en tres tipos de edificios municipais: centros socioculturais, instalacións deportivas e centros administrativos.

O centro sociocultural do barrio de Santa Marta, que mellorou a súa eficiencia enerxética tras este proxecto ©

Centros socioculturais

Entre as accións enmarcadas na estratexia EDUSI, inclúese a substitución de lámpadas por tecnoloxía LED, actuacións na envolvente dos edificios, instalación de caldeiras de gas natural ou biomasa, monitorización e xestión dos consumos enerxéticos

Nos centros socioculturais, o Concello de Santiago realizou distintas iniciativas para mellorar a súa eficiencia enerxética e contribuír á transición cara a unha economía máis sustentable. Por exemplo, no centro sociocultural de Fontiñas, realizáronse actuacións como a substitución das lámpadas por tecnoloxía LED, a instalación de sensores de luz natural, actuacións na envolvente do edificio, monitorización e xestión dos consumos enerxéticos, así como a implementación de fotovoltaica de autoconsumo.

Neste sentido, tamén se realizaron accións similares nos centro socioculturais de Vite, Santa Marta, Castiñeiriño, Trisca e Pontepedriña. Algúns centros tamén viron a instalación de caldeiras de gas natural ou biomasa e a colocación de paneis reflectantes en radiadores, avalando o compromiso do Concello coa eficiencia enerxética e o uso de fontes de enerxía limpa.

 

Instalacións deportivas

Nos centros deportivos de Santiago de Compostela, como Santa Isabel, Restollal, Lorenzo de la Torre, CEIP Vite 1 e CEIP Roxos, tamén se levaron a cabo medidas significativas para mellorar a eficiencia enerxética e o aproveitamento de enerxías renovables.

Entre as accións enmarcadas na estratexia EDUSI, inclúese a substitución de lámpadas por tecnoloxía LED, actuacións na envolvente dos edificios, instalación de caldeiras de gas natural ou biomasa, monitorización e xestión dos consumos enerxéticos, así como a implementación de fotovoltaica de autoconsumo. Algúns centros tamén incorporaron paneis solares térmicos para auga quente sanitaria, incluíndo a rehabilitación de instalacións existentes.

Centros administrativos

O Concello de Santiago impulsou esta liña da estratexia EDUSI para mellorar a eficiencia enerxética dos seus centros administrativos. Entre outros edificios, actuouse no CERSIA, na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), na Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación de Santiago de Compostela (OCHIR), na Casa das Asociacións de Cornes e no Centro Ocupacional Aríns

Por último, o Concello de Santiago impulsou esta liña da estratexia EDUSI para mellorar a eficiencia enerxética dos seus centros administrativos. Entre outros edificios, actuouse no CERSIA, na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), na Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación de Santiago de Compostela (OCHIR), na Casa das Asociacións de Cornes e no Centro Ocupacional Aríns. 

Nestes edificios, leváronse a cabo diversas medidas para mellorar a eficiencia enerxética e promover o uso de enerxías renovables. Estas accións inclúen a substitución de lámpadas por tecnoloxía LED, a monitorización e xestión dos consumos enerxéticos, así como a implementación de sistemas de fotovoltaica de autoconsumo. Ademais, algúns centros incorporaron a instalación de paneis solares térmicos para a produción de auga quente sanitaria, incluíndo a rehabilitación de instalacións existentes.

 

Máis de medio millón de euros de investimento

No que respecta ao financiamento desta operación, o orzamento total superou os 500.000 euros. Neste sentido, os fondos FEDER aportaron o 80% do financiamento, mentres que o Concello de Santiago sumou o 20% restante. Grazas a esta colaboración entre a administración municipal e os fondos europeos, os edificios municipais son máis eficientes enerxeticamente, contribuíndo á redución das emisións de carbono na cidade, un paso importante cara a un futuro máis sostible.

Dende unha visión global da estratexia EDUSI, a rehabilitación enerxética de edificios municipais súmase a outras actuacións en toda a cidade, financiadas con fondos europeos. EDUSI englóbase no Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020, cofinanciado por Fondos Estruturais da Unión Europea, FEDER, e contou coa participación cidadá para decidir as súas actuacións. En total, a estratexia EDUSI permitiu un investimento total de 12,5 millóns de euros, para que, da man da Unión Europea, Santiago de Compostela se converta nunha cidade máis sustentable e integradora.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.