De Antonio Rosón ás vítimas do coronavirus: os loitos oficiais da historia da Xunta

Antonio Rosón, primeiro presidente do Parlamento de Galicia, e decretos declarando loito oficial polas vítimas do coronavirus CC-BY-SA Parlamento de Galicia - Praza Pública

O mes decretado polo Goberno galego agora ampliado outros cinco días é o período máis longo da ducia de loitos institucionais galegos, que abarcan desde accidentes e atentados a pasamentos de persoeiros internacionais como o Papa

“Para manifestar o sentimento de solidariedade do pobo galego por mor dos pasamentos producidos como consecuencia da pandemia do coronavirus COVID-19, o Goberno galego ten a vontade de facer pública a súa dor e a de toda a cidadanía de Galicia”. Así, cunha duración dun mes desde o 1 ao 31 de maio, e coa disposición de que “durante eses días ondearán a media hasta as bandeiras oficiais en todos os centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia”, decretou o Goberno galego o loito oficial polas vítimas do coronavirus. 

A esa dor institucional simbólica sumouse o mércores, e durante dez días, ata a medianoite do 5 de xuño, o Goberno central, o que fixo que este venres o presidente Feijóo decidise ampliar ata ese momento o loito galego, sumando así un total de 36 días, o período máis longo de dor oficial da historia da autonomía. Ademais, o presidente galego sumou tamén este venres o anuncio de que prevé celebrar un acto de homenaxe unha semana despois de rematado o loito, o sábado 13 de xuño, un mes antes das eleccións do 12 de xullo.

Bandeira a media asta durante o loito oficial polo coronavirus na residencia presidencial de Monte Pío CC-BY-SA Praza Pública

A redacción dos decretos cos que a Xunta establece os loitos oficiais vén sendo similar ao longo da súa historia

A redacción dos decretos cos que a Xunta establece os loitos oficiais vén sendo similar ao longo da súa historia, a diferenza da máis extensa argumentación do Goberno central no referente ao coronavirus, no que a diferencia de sucintas declaracións anteriores desta volta apela a “consolidar os vínculos sociais”, o “respecto ás xeracións maiores” ou “a valoración dos coidados nas decisións públicas”. Porén, a Xunta apenas variou a redacción desde os seus primeiros loitos feitos oficiais a través de decretos publicados no Diario Oficial de Galicia, dos que xa van unha ducia.

Estes son os decretos de declaración de loito oficial publicados no DOG:

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.