O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves os dous festivos de carácter local que haberá en 2024 en cada concello galego, e que se suman aos 12 festivos de carácter autonómico ou estatal xa confirmados previamente.
Podes consultar nesta táboa interactiva os festivos locais no teu concello, ben seguindo a orde ortográfica, ou ben buscando directamente o seu nome
Estes festivos locais, "inhábiles para os efectos laborais, retribuídas e non recuperables", son escollidos por cada concello e están compostos principalmente por festas patronais, ademais da importancia que nunha parte moi importante de Galicia ten o entroido, pois é habitual que en máis da metade do país sexa festiva algunha das xornadas desta celebración.
Podes consultar nesta táboa interactiva os festivos locais no teu concello, ben seguindo a orde ortográfica, ou ben buscando directamente o seu nome.
Na súa resolución a Dirección Xeral de Relacións Laborais lembra que "en virtude do establecido no artigo 34.6 do Estatuto dos traballadores", as empresas deberán ter exposto o calendario laboral "nun lugar visible de cada centro de traballo para coñecemento e consulta dos seus traballadores e traballadoras".
Hai uns meses foron xa confirmados os restantes días festivos para o ano 2024, de carácter estatal ou autonómico
Hai uns meses foron xa confirmados os restantes días festivos para o ano 2024, de carácter estatal ou autonómico. Son datas que adoitan cambiar pouco de ano a ano, coa única excepción da coincidencia en domingo dalgunha destas xornadas.
O vindeiro ano comeza no luns de Aninovo e terá o Día de Reis (sábado) o seu segundo festivo. O Primeiro de Maio cadra en mércores, o Día da Letras Galegas en venres e o Día Nacional de Galicia en xoves. O San Xoán non é nesta ocasión festivo autonómico. O 12 de outubro será sáabfo, o 1 de novembro venres e a tradicional ponte da Constitución non o será tanto, ao coincidir o 6 de decembro en venres e o 8 de decembro en domingo.