Este Martes de Entroido será festa en 173 localidades, incluíndo a maior parte das provincias de Lugo e Ourense e mais a parte norte da da Coruña
Galicia está de festa polo Entroido. A maior parte do país celebra estes días este tempo de xolda, que ten en Ourense (pero non só) os seus escenarios principais. Na maioría dos concellos é festivo local algún dos días desta semana, principalmente o martes de Entroido, centro das celebracións, pero tamén o luns ou o mércores.
En concreto, 189 concellos inclúen algún dos tres días como un dos seus dous festivos locais anuais. Polo tanto, hai algo máis de 120 localidades nas que non está declarado festivo ningún neste Entroido, nomeadamente na provincia de Pontevedra e no sur da da Coruña.
Este Luns de Entroido non é laborable e seis concellos e o Mércores de Cinza noutros doce, concentrados no sueste da provincia de Ourense, entre eles Laza ou Viana do Bolo
Hoxe Luns de Entroido é festivo unicamente en seis concellos (Porto do Son, Quiroga, Sarreaus, Vilariño de Conso, Monfero e Vilarmaior). Este Martes de Entroido será festa en 173 localidades, incluíndo a maior parte das provincias de Lugo e Ourense e mais a parte norte da da Coruña. Monfero e Vilarmaior repiten festivo e son os únicos concellos con dous días non laborables.
Dúas das cidades -Compostela e Vigo- carecen de festivo local esta semana, mentres que no resto si é festa o martes (A Coruña, Ourense, Lugo e Ferrol) ou o mércores (Pontevedra)
Finalmente, o Mércores de Cinza é festivo en 12 concellos, concentrados especialmente no sueste da provincia de Ourense, entre eles Laza ou Viana do Bolo.
En canto ás cidades, atopamos que dúas delas -Compostela e Vigo- carecen de festivo local esta semana, mentres que no resto si é festa o martes (A Coruña, Ourense, Lugo e Ferrol) ou o mércores (Pontevedra).