- Unha ducia de protagonistas do Entroido galego
- Festas e manxares do Entroido recomendados polos Bolechas
Galicia está de festa. 176 concellos escolleron algún dos días do Entroido como festivo local. 155 escollen o martes, 15 o mércores, 4 o luns e outros dous repiten festa luns e martes. Son uns poucos menos que o ano pasado pero representan máis da metade do país, unha mostra da importancia destas datas e da súa popularidade na maior parte de Galicia.
155 escollen o martes, 15 o mércores, 4 o luns e outros dous repiten festa luns e martes
Este luns xa non é laborable en catro localidades (Castro Caldelas, Sarreaus, Tui e Vilariño de Conso). Pero o día grande desta semana chegará o martes, no que non se traballará nun total de 155 concellos: a maior parte da provincia de Ourense, o centro da de Lugo e a metade norte da provincia da Coruña. Dous concellos, ademais, farán festa luns e martes (Monfero e Vilarmaior). Finalmente, a festividade do mércores de cinsa está concentrada en tres áreas: o sueste da provincia de Ourense (Laza, Verín ou Viana do Bolo), a comarca de Pontevedra e boa parte de Ferrolterra.
O Entroido inclúe un festivo local en cinco das sete cidades galegas (todas agás Compostela e Vigo). Precisamente, a metade sur da provincia da Coruña e boa parte da provincia de Pontevedra conforman a parte de territorio que non o inclúe no seu calendario.