Nós Televisión chega a seis novas operadoras e xa está dispoñible nas principais plataformas galegas

Onde ver Nós Televisión © Nós TV

A canle Nós Televisión continúa a ampliar a súa difusión. A cadea que xa se podía ver a través da grella ofrecida por R (canle 119), vén de asinar un acordo para entrar en +Media e ser un dos canais que distribúe esta plataforma, de xeito que a partir de agora, Nós TV está dispoñible nas operadoras ToxoTelecomA Túa XanelaPizpireta TelecomJuifiRural Galego ConectadoGigalia.

A partir de agora, Nós TV está dispoñible nas operadoras ToxoTelecom, A Túa Xanela, Pizpireta Telecom, Juifi, Rural Galego Conectado e Gigalia

Nós, canle de televisión divulgativa centrada en cultura e lingua galega que emite de forma ininterrumpida as 24 horas do día, está a celebrar neste ano 2023 o seu décimo aniversario e faino incrementando o número de fogares que poden acceder ás súas emisións. Nos próximos meses o seu obxectivo é continuar as liñas de negociación con outras compañías e seguir abríndose a outras plataformas que lle permitan que cada vez máis xente poida ver os contidos de Nós Televisión desde calquera lugar.

O obxectivo de Nós TV dende o seu inicio é "producir e difundir contidos de calidade e de carácter divulgativo centrados sobre todo en cultura e lingua galega"

O obxectivo de Nós TV dende o seu inicio é "producir e difundir contidos de calidade e de carácter divulgativo centrados sobre todo en cultura e lingua galega". Tamén buscou sempre "tecer redes entre todos os axentes do país".

Ademais, boa parte dos contidos audiovisuais que produce tamén están accesibles para todos os públicos na súa canle de youtube. De feito, a canle de televisión presume de ser actualmente o medio de comunicación privado galego con máis persoas subscritas á súa canle de youtube (superando xa as 12.000). 

A canle de televisión presume de ser actualmente o medio de comunicación privado galego con máis persoas subscritas á súa canle de youtube (superando xa as 12.000) 

Entre os seus programas ‘estrela’ destacan o Galego de todo o mundo, presentado por Eduardo Maragoto sobre lingua galega e portuguesa; o Universo Galaxia sobre literatura; o GZMúsica, único programa sobre música galega que hai no panorama televisivo de Galicia; multitude de documentais e reportaxes sobre personaxes históricos galegos, patrimonio, cultura, lingua ou educación, con especial atención sempre ao papel das mulleres na historia; e varios programas de entrevistas, como por exemplo o Rostros do país, no que a través de conversas pausadas e en profundidade se debulla a traxectoria de vida e profesional de personaxes referentes en Galicia nos diferentes sectores.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.