Galicia sitúase un ano máis como un dos territorios do Estado cunha maior mobilización social, só por detrás de Andalucía (7.039) e Madrid (4.390), comunidades con moita máis poboación
Durante o ano 2023 tiveron lugar 3.557 manifestacións en Galicia, segundo os datos do Ministerio do Interior, unha cifra na liña coa maior parte dos execicios anteriores, coa excepción dos anos dunha máis elevada mobilización social (2013 e 2022) e do descenso que se produciu no ano 2020 por mor da pandemia de COVID.
Galicia sitúase deste xeito un ano máis como un dos territorios do Estado cunha maior mobilización social, só por detrás de Andalucía (7.039) e Madrid (4.390), comunidades con moita máis poboación e por diante da Comunidade Valenciana, tamén máis poboada. Iso si, os datos de Interior non inclúen información sonre as manifestacións que tiveron lugar en Euskadi e Catalunya.
2022 fora un ano anómalo, no que se bateron as cifras máximas de manifestacións da serie histórica (5.407), especialmente polo maior número de marchas impulsadas por sindicatos e con motivación laboral, nun contexto de alza dos prezos e de reivindicación de subas salariais e de mellora dos convenios
2022 foi un ano anómalo, no que se bateron as cifras máximas de manifestacións da serie histórica (5.407), especialmente polo maior número de marchas impulsadas por sindicatos e con motivación laboral, nun contexto de alza dos prezos e de reivindicación de subas salariais e de mellora dos convenios. 2023 houbo, polo tanto, un importante descenso nas cifras totais de manifestacións convocadas, pero en todo caso o número sitúase por riba dos acadados en 2021 e 2019 e, de feito, é o maior dende o 2016.
Non houbo apenas manifestacións non autorizadas -unicamente 9-, na liña dos dous anos anteriores -8 en 2021 e 4 en 2022-, unha situación moi distinta da que se rexistrara entre 2013 e 2019, co PP no Goberno central e, especialmente na provincia de Pontevedra. No ano 2016 Pontevedra foi a provincia do Estado cun maior número de manifestacións prohibidas. O aumento das prohibicións en Pontevedra coincidiron coa xestión de Antonio Coello Bufill como Subdelegado do Goberno, un cargo do que tomou posesión en febreiro de 2012 e que abandonou en novembro de 2016.
Nos datos de 2023 chama a atención o importante incremento das manifestacións convocadas por asociacións cidadás, que pasaron de 837 en 2022 a 1.132 no último ano
Nos datos de 2023 chama a atención o importante incremento das manifestacións convocadas por asociacións cidadás, que pasaron de 837 en 2022 a 1.132 no último ano. En cambio, as marchas comunicadas por sindicados caeron á metade (de 3.884 a 1.579). Trátase do maior número de manifestacións impulsadas por entidades sociais dende o 2019. Tamén aumentaron as marchas de traballadores e comités de empresa (á marxe de sindicatos) e de entidades estudantís.
As marchas con motivación "veciñal" triplicáronse o pasado ano, subindo de 137 a 512. É o número máis elevado dende o ano 2016
Os temas laborais foron o principal motivo que levou a convocar as manifestacións, con case a metade das marchas totais. O seu número, con todo, é notablemente inferior ao de 2022 pero móvese en cifras semellantes ás de 2019 e 2021.
O gran cambio prodúcese nas marchas con motivación "veciñal", que se triplicaron o pasado ano, subindo de 137 a 512. É o número máis elevado dende o ano 2016
Aumentaron as manifestacións motivadas por asuntos relacionados co ensino e con temas agrarios, mentres que descenderon de forma importante as marchas ecoloxistas
Durante o ano 2023 as marchas convocadas "Contra medidas políticas e lexislativas", pola sanidade ou contra a violencia de xénero mantivéronse en cifras semellantes ás de 2022. Aumentaron moito as manifestacións motivadas por asuntos relacionados co ensino e con temas "agrarios", mentres que pola contra, descenderon de forma importante as marchas ecoloxistas.