Os casos de COVID ligados ao ensino soben a 484 e rachan coa tendencia á baixa do último mes

Medición do nivel de CO2 nunha aula dun instituto galego © IES Antón Alonso Ríos

Os casos activos de COVID en centros de ensino galegos incrementáronse en seis, ata alcanzar os 484, seis máis que na xornada anterior, segundo os datos feitos públicos este sábado pola Xunta. 

O incremento racha coa tendencia á baixa que se mantiña desde o pasado 2 de febreiro

Este lixeiro incremento racha coa tendencia á baixa que se mantiña desde o pasado 2 de febreiro, cando o número de casos achegárase aos 4.000. Con todo, o número de aulas clausuradas por mor do coronavirus mantense en 23, mentres que a escola infantil PAI de Tordoia segue a ser a única pechada logo de detectarse un positivo. 

O número de casos activos ligados a centros de ensino --educación infantil e non universitaria-- sitúase así aos niveis de mediados de outubro, pouco despois do inicio do curos escolar. 

O maior incremento dáse na área de Ferrol tras un brote de 29 positivos no CPR Tirso de Molina

Agora, o maior incremento, clave no aumento xeral de casos en Galicia, deuse na área sanitaria de Ferrol, ao alcanzar os 62 casos (17 máis) logo dos 29 positivos no CPR Tirso de Molina, onde agromou un brote. Todas as persoas afectadas son asintomáticas logo do cribado realizado entre alumnado e profesorado. 

Ademais, A Coruña segue a ser a área co maior número de casos activos en Galicia, con 192, cinco menos, e con tres aulas cerradas, catro menos que no anterior reconto. O CPI Castro Baxoi, de Miño, ten nove positivos, mentres que o Liceo La Paz e o Raquel Camacho, ambos da cidade coruñesa, detectaron cadanseus oito casos. 

Na área sanitaria de Vigo hai 79 casos activos, dous máis, e seis aulas pechadas, co cetnro Divino Salvador, da urbe olívica, con seis positivos. Na área pontevedresa hai 62 contaxios (seis menos) e cinco aulas clausuradas, entres que na de Santiago contabilízanse 39 (tres menos) e sen aula calurusara ningunha. 

Na área de Lugo hai 29 casos activos e unha aula pechada, mentres que na de Ourense hai diagnosticados 21 casos e tre aulas permanecen clausuradas pola COVID. 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.