Un vilagarcián, a xuízo por mensaxes de odio en Facebook contra musulmáns e inmigrantes

Pazo de Xustiza de Pontevedra CC-BY-SA Zarateman

A Fiscalía solicita unha pena de prisión de 1 ano e 8 meses para o acusado por un delito de odio polas mensaxes publicadas entre 2017 e 2018 nas que pide que se electrocuten os valor ou chama "monos" a inmigrantes

Entre 2017 e 2018 un home de Vilagarcía de Arousa escribiu na súa conta de Facebook unha serie de mensaxes insultantes contra as persoas inmigrantes e a poboación musulmá. A Fiscalía denunciou estes feitos en novembro de 2018, o que levou ao rexistro da súa vivenda e á intervención do seu ordenador. Case seis anos despois o caso vai ser xulgado a vindeira semana na Audiencia Provincial de Pontevedra, nun proceso no que a Fiscalía solicita unha pena de prisión de 1 ano e 8 meses para o acusado por un delito de odio, de acordo co artigo 510 do Código Penal. 

Ademais, o ministerio fiscal tamén solicita una multa de meses meses a razón de quince euros diarios (uns catro mil euros) e cinco anos de inhabilitación para calquera profesión ou oficio educativo, deportivo ou de tempo libre. Demándase, igualmente, a retirada dos contidos publicados en Facebook polo acusado. A Fiscalía considera como un feito atenuante a "dilación indebida" que sufriu o procedemento, que a leva a reducir a pena proposta, sinalando que o proceso "estivo paralizado sen xustificación" entre xaneiro de 2021 e marzo de 2024.

Aplicación de Facebook nun móbil Dominio Público KyleFinazzo

As mensaxes publicadas polo acusado non só "ofendían e menosprezaban as persoas por razón da súa nacionalidade estranxeira, a súa situación de residencia irregular en España ou por profesar a relixión musulmá ou pola súa cor de pel", senón que "contribuían a espertar entre a poboación prexuízos ou estereotipos contra os mesmos·

As mensaxes publicadas polo acusado "sen restricción de acceso ningunha para o público en xeral" non só "ofendían e menosprezaban as persoas por razón da súa nacionalidade estranxeira, a súa situación de residencia irregular en España ou por profesar a relixión musulmá ou pola súa cor de pel", senón que "contribuían a espertar entre a poboación prexuízos ou estereotipos contra os mesmos susceptibles de xerar sentimentos de odio, rexeitamento e hostilidade social pondo en grave risco desta forma a súa tranquilidade, seguridade e libre exercicio de dereitos".

Entre os textos publicados, que moitas veces reaccionaban a noticias publicadas por webs e pseudomedios de extrema-dereita, aparecen mensaxes como "LA PENA QUE NO ELECTROCUTASEN LA VAYA Y SALTABAN SOLOS PARA EL CIELO ESTA PESTE” ou “QUE DE PALOS HABÍA QUE REPARTIR A ESTOS HGP Y DESPUÉS EXPULSARLOS QUE AQUÍ SOLO PROBLEMAS TRAEN AL PAIS ESTOS MONOS”.

No seu escrito de acusación, o ministerio fiscal sinala que "o acusado era consciente de que as súas mensaxes se incorporaban a redes telemáticas con vocación de perpetuidade"

Igualmente, noutra das mensaxes fai apelacións á necesidade dun Golpe de Estado: “YA PASARON LOS CARNABALES PERO AHORA SON CONTINUOS CON ESTA PESTE QUE LOS POLITICOS NO METIERON ESÀÑA COMO SE NOTA LA FALTA DE UN FRANCO EN ESTE PAIS PARA LIMPIARLO Y PONERLO AL DIA”. E, así mesmo, noutros textos acusa as administracións de "regalar" diñeiro ás persoas inmigrantes: “LA CULPA DE TODAS ESA AYUDAS A TODA ESA PESTE QUE ENTRAN EN ESPAÑA ES DE LOS PUTOS POLITICOS A ESAS RAZAS NO SE LES TIENE QUE DAR NADA QUE LOS IMPUESTOS QUE HAY EN ESPAÑA ES DE LOS ESPAÑOLES".

No seu escrito de acusación, o ministerio fiscal sinala que "o acusado era consciente de que as súas mensaxes se incorporaban a redes telemáticas con vocación de perpetuidade, carecendo dende ese momento do control sobre a súa zigzagueante difusión, tendo en conta de que esas mensaxes unha vez chegaron a mans dos seus destinatarios estes podían multiplicar o seu impacto mediante sucesivos e renovados actos de transmisión".

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.