1 de febreiro: festa das TIC galegas cos premios EGANET e o LaconNetwork

LaconNetwork celebrado na Coruña © laconnetwork.com

A entrega dos premios Eganet e a LaconNetwork farán coincidir este ano as súas datas e celebraranse conxuntamente o vindeiro 1 de febreiro no no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Será polo tanto o gran punto de encontro e festa do do sector tecnolóxico galego.

Os premios Eganet, que un ano máis entrega a asociación de empresas galegas que desenvolven software e ou servizos TIC, teñen o obxectivo de servir de plataforma de lanzamento para os proxectos realizados total ou parcialmente por empresas galegas no campo das tecnoloxías da información e as comunicacións. Conta con cinco categorías: Premio Proxecto Colaborativo Empresarial TIC, Premio Emprendedor TIC, Premio Aplicación Software, Premio Comunicación Dixital e Premio Negocio Online. Os galardós chegan á súa oitava edición.

Pola súa banda, a LaconNetwork non pechou aínda o seu programa pero xa anuncia que contará coa participación dun representante de Google, un fundador dunha incubadora e un CEO de prestixio. Nesta ocasión as empresas e os profesionais das TIC en Galicia terán o protagonismo e como din na presentación da edición 2013: "queremos traer a corner o mellor que poidamos liar, pero esta vez, tamén queremos que se vexa o que se está facendo aquí. Sempre falamos de que para que creza unha grande árbore, éste necesita un bosque que o acubille. Xa cremos que “as árbores”, comezan a ser “bosque” … e queremos que se vexa".

Haberá tamén presentación de iniciativas de Coworking e de aceleradoras nacidas en Galicia. E o evento contará coa participacion do gañador do premio Emprendedor XXI Galicia de 2012, Roi Correa. Os e as interesadas en asistir deberán confirmar a súa participación no LaconNetwork inscribíndose a través da súa web e pagando os 21 euros que dan dereito ao xantar.

LaconNetwork celebrado na Coruña © laconnetwork.com
Premios Eganet © Xunta

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.