4gotas.com, outra forma de mirar o tempo que vai

Captura de pantalla da web © http://www.4gotas.com/

As webs e aplicacións relacionadas coa meteoroloxía atraen a nosa atención nestas datas. Cunha primavera fresca e húmida que ameaza con estenderse ben máis alá do 40 de maio e os períodos vacacionais de moitos a piques de iniciarse, ou co antollo de pisar as praias, é pregunta recorrente estes días o de que tempo vai facer? Os meteorólogos Carlos F. Balseiro, Pablo Carracedo, Beatriz Hervella e Eduardo Penabad lanzarán o vindeiro 2 de xullo 4gotas.com, unha páxina de información meorolóxica que quere ir máis aló en moitos ámbitos e servir para algo máis que dicir se chove ou vai sol. 

Como nos contaba Carlos Balseiro hai unhas semanas, 4gotas "tentará darlle unha volta á información océano-meteorolóxica. Tentará facela máis humana, máis próxima á xente"

Como nos contaba Carlos Balseiro hai unhas semanas, 4gotas "tentará darlle unha volta á información océano-meteorolóxica. Tentará facela máis humana, máis próxima á xente". Na web haberá prognósticos do tempo a nivel mundial e para 15 días, facendo especial fincapé en Galicia e nos eventos ao aire libre que se celebran no país (partidos de fútbol, rallies, carreiras populares, festas, etc). Pero o obxectivo é ir máis aló: a páxina conterá máis información que as actuais páxinas do tempo, con vídeos, con interacción cos usuarios nas redes sociais e información personalizada, cunha análise en perspectiva xornalística do que é noticia canto ao tempo e mesmo mesturando a meteoroloxía coa saúde. Tamén se ofrecerán predicións rápidas nunha sección chamada En 10 segundos, e igualmente información detallada con máis de 140 puntos próximos á costa e en alta mar cun horizonte de previsión de 9 vías (fundamental para os mariñeiros).

A web, que emprega software libre e foi creada polo equipo da Navalla Suíza, está nestes momentos en probas pero xa realizou unha primeira cobertura ofrecenso predicións para esta noite de San Xoán.

Captura de pantalla da web © http://www.4gotas.com/

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.