A fenda dixital, a debate entre Galicia e Portugal

Programa das xornadas Dominio Público Praza Pública

O III Congreso Ibérico A Fenda Dixital ten como obxectivo crear un espazo de encontro entre os profesionais de Galicia e Portugal co fin de xerar un debate sobre o estado actual da Tecnoloxía da Información e a Comunicación no contexto escolar e non escolar. En concreto, co desenvolvemento deste Congreso, a intención é examinar as posibilidades que ofrecen as TIC na escola e o desenvolvemento local. Celebrarase os vindeiros 23 e 24 de novembro en Póvoa de Varzim. Está organizado polas tres universidades galegas e NEG, entre outras entidades, coma as pòrtuguesas Escola Superior de Educação de Paula Frassinetti e Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro.

A conferencia inaugural, a cargo de António Osório, titúlase Fenda digital ou fenda educacional? E as xornadas pecharase cun relatorio sobre As redes sociais e mundos virtuais para ligação à comunidade e concretização das aprendizagens. No encontro Manuel Gago falará sobre As novas tecnoloxías como ferramenta de reapropiación simbólica do territorio rural e Jorge Remondes farao sobre A (in)visibilidade das redes sociais no ambiente interno das instituições educativas.

Programa das xornadas Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.