A páxina que agrupa a información cartográfica de Galicia rexistra 75 mil visitas en dous días

© Xunta

Na web que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas activou o pasado mércores 16 de maio pódense consultar e descargar a Base topográfica de Galicia, o Mapa de Usos do Solo do ano 2005, a ortofotografía do PNOA do ano 2009-2010 e a ortofotografía do Voo Americano do ano 1956, unha cartografía inédita que superpón 4000 imaxes da época coa toponimia actual. En total son máis de 20 mil mapas, que nos seus dous primeiros días de acceso público, rexistraron máis de 75 mil visitas.

A plataforma permite ver as catro mil imaxes de Galicia tomadas en 1956 por un avión do exército norteamericano

A plataforma, desenvolvida con software libre, permite facer distintas procuas, sexa por unidades administrativas, sexa por coordenadas xeográficas ou por referencia catastral. Segundo os seus promotores, a páxina incrementará a súa base de datos pouco a pouco, para incorporar outros 20.000 mapas nos vindeiros meses. As novas incorporacións serán, entre outras, os produtos derivados da cobertura LiDAR, as novas ortofotografías, a actualización do Sistema de Información de Ocupación do Solo (SIOSE), o mapa forestal, e todas as derivadas dos estudos que se encomenden ao Instituto.

© Xunta
© Xunta

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.