A UDC demándalle á Xunta o pagamento de 8,7 millóns de euros pendentes

Reitorado da UDC Dominio Público UDC

A Universidade da Coruña presentou este luns un novo recurso contencioso-administrativo no que lle reclama á Xunta o pagamento de 8,7 millóns de euros correspondentes ao Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia 2011-2015. A institución, que arrastra problemas de liquidez que a obrigaron hai dúas semanas a suspender os seus gastos correntes, lémbralle ao Goberno galego que non ten débedas financeiras e reitéralle que o seu problema "é de ingreso, non de gasto". A UDC denuncia que é unha das universidades peor financiadas de España, situándose os seus ratios de financiamento por alumno entre o terzo que menos recibe.

Nun comunidado do reitor, que vén de ser enviado aos membros da comunidade universitaria da Universidade da Coruña, persoal docente e investigador, persoal de administración e servizos e estudantado, destácase que "a UDC é unha universidade pública polo que a súa estrutura debe estar suficientemente financiada pola administración pública".

Subliñan que "a porcentaxe máis baixa de financiamento da UDC está na parte estrutural fixa", engadindo que "o financiamento por resultados é sensiblemente mellor 

Sinálase que o Plan de Financiamento do Sistema Universitario Galego 2012-2015 "que no seu día a UDC non votou a favor ao consideralo lesivo" acrecentou "as diferenzas históricas de financiamento"en Galicia e no Sistema Universitario Español. "Pídesenos o mesmo pero se financia menos", denúnciase. O Plan de Financiamento ten dúas partes, unha parte estrutural fixa e outra en función dos resultados acadados. O Reitorado subliña que "a porcentaxe máis baixa de financiamento da UDC está na parte estrutural fixa", engadindo que "o financiamento por resultados é sensiblemente mellor". "Conclusión: os resultados son bos. Pero o financiamento para I+D+i ou outros resultados non financian nóminas nin gasto corrente", din.

A Universidade da Coruña calcula que a cantidade adebedada en función do incumprimento do plan de financiamento ascende a 8.8 millóns de euros

O recurso presentado este luns susténtase en que no devandito Plan de Financiamento, a parte estrutural divídese en dúas partes: unha parte fixa e outra por indicadores. "O acordado foi que a parte de indicadores sería do 5% en 2012, 10% en 2013; 15% en 2014 e 20% en 2015, da parte estrutural", destaca a UDC. A Xunta cumpriu co reparto en 2012. Porén, engaden, "nos anos seguintes aplicou esas porcentaxes ás cantidades totais acumuladas ata o ano anterior", de aí a discrepancia que mantén a Universidade, pois "o reparto que está a facer a Xunta axustado ás contías foi aplicar os indicadores ao 5% en 2012; 14,5% no 2013; 27,3% no 2014 e 41,8% no 2015 da parte estrutural", din. "Isto incumpre o acordado", conclúen. A Universidade da Coruña calcula que a cantidade adebedada en función deste incumprimento ascende a 8.789.679,5 euros.

A UDC destaca que "non ten débeda financeira" e que "leva máis dunha década de contención de gasto e máximo aforro que fixo que se tivese remanente de tesourería e liquidez"

A UDC destaca que "non ten débeda financeira" e que "leva máis dunha década de contención de gasto e máximo aforro que fixo que se tivese remanente de tesourería e liquidez". "A falta de liquidez pola non percepción en prazo de ingresos previstos levou a tomar medidas extraordinarias como a suspensión temporal de gasto", din. E lembra que a Universidade da Coruña sitúase "no último terzo" do sistema universitario español en financiamento por estudante. Segundo o Informe CyD, a UDC recibe 4.271€ por alumno, un 54% menos que a Universidade Pública de Navarra, que con 9.363€ é a mellor financiada de España. Reclámalle á Xunta un novo plan de financiamento que "corrixa o déficit histórico de financiamento da UDC" e lle permita "converxer" dentro do Sistema Universitario Galego. 

Reclámalle á Xunta un novo plan de financiamento que "corrixa o déficit histórico de financiamento da UDC" e lle permita "converxer" dentro do Sistema Universitario Galego

A Universidade acordou este martes, no seu Consello de Goberno "a necesidade dun Plan de Reestruturación de centros e departamentos na UDC que analizará a situación partindo de cero e desde unha perspectiva xeral". Unha restruturación que -din- "en ningún caso implica prexuízos nin para as titulacións, nin para a comunidade universitaria". A UDC traballa "con dúas prioridades: manter o plantel de persoal, PDI e PAS, e as axudas ao estudantado", conclúe.

 

Críticas da Xunta

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dixo "lamentar as "declaracións efectuadas polo reitor e o equipo de goberno da Universidade da Coruña"

Nun comunicado, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dixo "lamentar as "declaracións efectuadas polo reitor e o equipo de goberno da Universidade da Coruña". O Goberno galego acusa a UDC de "crear un debate artificial que pode prexudicar a imaxe pública da propia universidade" e afirma que a da Coruña "é a única do sistema universitario galego que presenta algún problema co reparto dos fondos estruturais". E critica que faga estas declaracións "no medio das negociacións para mellorar a súa situación financeira".

A Xunta ataca a UDC, da que di que é "a universidade que presenta unha maior dependencia das transferencias da Xunta de Galicia mentres as demais cada vez captan máis recursos externos". E sinala que "en ningún caso se lle debe cantidade algunha á UDC" e engade que "no hipotético suposto de que o TSXG aceptara o contencioso pendente, a Xunta non lle tería que transferir ningún fondo, senón que habería que detraelo do reparto feito coas outras universidades".

Reitorado da UDC Dominio Público UDC

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.