A USC só creará catro prazas docentes este ano e seis o que vén

Reitorado da USC © USC

A Universidade de Santiago só creará dez prazas docentes entre este ano e o que vén, cubrindo o índice de reposición do 10 por cento imposto polo Goberno central. Terán prioridade os Starting Grant e tamén as 16 persoas que seviron afectadas pola anulación do concurso de prazas forzada pola Consellaría de Facenda. Con todo, a decena de postos de profesor titular nin sequera compensarán a todos os prexudicados por aquela medida.

A Universidade de Santiago só creará dez prazas docentes entre este ano e o que vén, cubrindo o índice de reposición do 10 por cento imposto polo Goberno central

En concreto, este ano crearanse catro prazas, dúas para os Starting Grant e outras dúas para os afectados polo concurso. Nas seis do ano que vén, catro irán destinadas aos prexudicados pola anulación desa convocatoria e dúas repartiranse entre os máis de cen docentes acreditados a cátedra da USC. A Xunta financia con 50 mil euros extra por cada Starting Grant que pasaa ser titular de praza.

Estas previsións serán discutidas polo Consello de Goberno deste xoves, no que tamén se debaterá a proposta para a estabilización de investigadores Parga Pondal e Ramón y Cajal. O Reitorado da USC propón que se contrate como "interinos" os investigadores Parga Pondal da convocatoria do ano 2007, e tamén a creación de prazas de contratado doutor por un período temporal para os Ramón y Cajal e Parga Pondal do ano 2008.

Reitorado da USC © USC

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.