A Xunta financiará os contratos dos programas 'Ramón y Cajal' e 'Juan de la Cierva'

Recipientes de laboratorio CC-BY-NC-SA tk-link

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria asumirá o financiamento complementario da contratación de investigadores dos programas Ramón y Cajal e Juan de la Cierva das convocatorias de 2012. Deste xeito liberará ás universidades e centros galegos que acollan os bolseiros de pagar o complemento das axudas convocadas polo Ministerio de Economía. Educación achegará 10.000 euros por cada bolsa Ramón y Cajal para doutores investigadores con experiencia internacional, e 7.000 por cada axuda Juan de la Cierva para doutores recentemente titulados.

obxectivo de contribuír a que o sistema universitario galego mellore nos ranquin internacionais de investigación, "grazas ao salto de calidade que, mediante as referidas bolsas, se obterá coa captación de novos talentos", en palabras da Xunta. Educación quere incentivar as universidades do sistema universitario galego a presentarse á convocatoria destes programas, moi competitivos, sen que comporte para elas unha carga orzamentaria.

Imaxe da reunión do Consello da Xunta © Xunta

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.