'Alma da Artesanía' preséntase este venres nunha rolda de prensa en Twitter

As mans de Francisco Fra, carpinteiro de ribeira (San Cibrao) © Iván Nespereira|COH3

A través dunha web, descubriranse nove storytellings de nove artesáns que traballan en diversas disciplinas e aos que os fotógrafos Iván Nespereira e Matteo Bertolino e o realizador Pela del Álamo foron quen de “extraerlle a alma”

Alma de artesanía é un proxecto audiovisual que ten como finalidade promocionar as rutas de artesanía na Mariña Lucense. Trátase dunha idea prantexada para visionar na rede e apoiada en todos os recursos online necesarios para ser espallada. A través dunha web, descubriranse nove storytellings de nove artesáns que traballan en diversas disciplinas e aos que os fotógrafos Iván Nespereira e Matteo Bertolino e o realizador Pela del Álamo foron quen de “extraerlle a alma”. Nove xeitos de traballar que compoñen un auténtico tesouro da Mariña.

Dende o departamento de comunicación do proxecto, levado por Diego Giráldez e Amparo Rodríguez (Massefecto Comunicación), e en coordinación co resto do equipo, pensaron que o mellor xeito de presentar o produto era tamén a través da rede utilizando Twitter como plataforma. É por isto que o vindeiro venres, os medios de comunicación estamos convocados a unha rolda de prensa online a través desta rede social para coñecer o proxecto canda aos que o fixeron posible.

O vindeiro venres, os medios de comunicación estamos convocados a unha rolda de prensa online a través desta rede social para coñecer o proxecto canda aos que o fixeron posible

O vindeiro venres, a través da conta @almadaartesania e co hastag #almadaartesania, lanzarase a ligazón web na que os xornalistas interesados, previamente nutridos de toda a información precisa sobre o proxecto, poderán coñecer o material audiovisual. Minutos máis tarde, cos realizadores e un responsable da organización distribuídos en distintos dispositivos e dende a devandita conta, os xornalistas poderán realizar todas as preguntas que consideren oportunas sobre a iniciativa.

Alma da artesanía entra dentro dunha batería de ideas de dinamización turística de A Mariña Lucense que se están a levar a cabo na zona, promovidas pola Mancomunidade de A Mariña Lucense en colaboración coa Secretaría Xeral de Turismo.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.