Ampla presenza galega no proxecto #P2Pwikisprint

O evento #P2Pwikisprint terá lugar este mércores 20 Dominio Público alg-a

O #P2Pwikisprint é un encontro internacional, un proceso de documentación colectiva e mapexo de experiencias, que ten a súa orixe nas comunidades de programadores informáticos de Python, unha das linguaxes máis populares do software libre. A práctica extendeuse a outros ámbitos, como a escritura de libros colectivos. A P2P Foundation, entidade que lanzou este encontro internacional, realiza wikisprints para mapexar experiencias ao redor destos novos paradigmas. A participación galega realizarase a través do nodo de alga-lab.

A participación galega neste evento internacional contará coa presenza de experiencias como as de COOP GZ imaxinaria de Cultura Libre e teremos a ocasión de coñecer a experiencia en torno ao mapa subxectivo de Valadares, servirá de ocasión para coñecer o encontro Nacional de Aruitecturas Ciolectivas, e presentarase o Laboratorio móbil que está impulsando Agronautas, estudio PEZ.  A presentación da moeda BITCOIN tamén estará presente e por último os montes veciñais en man común tamén terán o seu oco, a través da presentación do proxecto O Monte é Noso_sachando procomun 

Teñen confirmada a súa participación no #wikisprint máis de cen organizacións, redes, colectivos, empresas, institucións, do Media Lab Prado de Madrid, ao colectivo SurSiendo de Chiapas, da Escola dos Comúns de Barcelona a CulturaPeru, da Secretaría de Economía Creativa do gobierno de Brasil ao colectivo Hacktivistas, de Inicitaiva Focus a moitos grupos vinculados ao movemiento 15M, Goteo.org, FixMedia.org, La Lata Muda, entre outros.

 

Programa da actividade galega no #P2Pwikisprint

11:30h presentación do COOP GZ Imaxinaria de Cultura Libre
13:00h presentación do proxecto mapa subxectiva de Valladares
14h pausa :: xantar común
16:00h presentación do proxecto encontro nacional de Arquitecturas Colectivas 2013
16:30h presentación do proxectos agronautas & PEZ [estudio] => lab agroestación
18:00h presentación BITCOIN (moeda P2P)
19:30h presentación O Monte é Noso_sachando_procomun

 

Como conectarse

10:00h apertura punto de streaming Alg-a Laboratório para presentación de proxectos http://giss.tv:8000/alg-a.ogg ou http://bambuser.com/channel/alg-a

sala de chat #P2PwikisprintGZ en http://webchat.freenode.net/

streaming xeral http://thinkcommons.org
twitter HT #P2PWikisprint participación en debates e xeración de información

 

O evento #P2Pwikisprint terá lugar este mércores 20 Dominio Público alg-a

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.