Apple chega a Ourense... e con agasallos

Tenda Apple en Compostela © As Computer

AS Computer abre este martes ás sete da tarde unha nova tenda Apple Premium Reseller na cidade das Burgas. A nova tenda, situada na rúa Curros Enríquez 16, ofrecerá a gama completa de ordenadores Mac, iPad, iPhone e iPod, xunto con una amplia selección de accesorios. Na actualidade hai tendas Apple Premium Reseller en Vigo en Compostela. 

Ademais, neste primeiro dia a tenda ofrecerá importantes agasallos para os seus primeiros clientes e a posibilidade de participar en varios sorteos. Deste xeito os 10 primeiros en entrar gañarán un iPod shuffle e os primeiros 500 recibirán un regalo conmemorativo. Ademais haberá sorteos de cheques regalo por valor de 20€ de desconto de 16:00 a 18:00. E un sorteo de iPod shuffle, nano e touch entre os asistentes a partir das 19:30.

Tenda Apple en Compostela © As Computer

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.