Laura Calvo e María Vilas, estidantes do colexio público de Dices, en Rois, e que hai unhas semanas foron escollidas como finalistas do concurso internacional YouTube Space Lab, están en Washington onde este mércores puideron experimentar un voo con gravidade cero, ademais de visitar o Museo Aeroespacial da capital norteamericana.
As estudantes propuxeron experimento chamado Surfactantes en microgravedade, que estuda que ocorre cando auga, xabón e aceite se mesturan en condicións de falta de gravidade, como ocorre na Estación Espacial Internacional (ISS). O concurso consiste en deseñar experimentos que poderían ser realizados a bordo desta estación.
O resultado coñecerase este xoves durante unha cerimonia no Newseum de Washington
Se o seu experimento é elexido como gañador entre os tres finalistas da súa categoría, será comprobado nos vindeiros meses na ISS. O resultado coñecerase este xoves durante unha cerimonia no Newseum de Washington. O equipo gañador poderá elixir entre viaxar a Xapón para presenciar o lanzamento dos seus experimentos con destino á Estación, ou cando cumpran 18 anos poderán vivir a experiencia de formación dun astronauta no centro de preparación dos cosmonautas rusos 'Star City'.