A empresa galega lanza Shuriken Training, que sucede a Trap Ball Edición Billar, dispoñible para Android, PC e nos vindeiros meses tamén en Xbox 360. O xogo xa se pode descargar de balde en Google Play
A particularidade de Shuriken Training é que os movementos se realizan movendo o propio móbil ou tablet, para localizar os inimigos -ninjas- e poder lanzarlles unha estrela, que se activa deslizando o dedo pola pantalla. Hai cen niveis distintos, en varios escenarios, que permiten recuperar vidas rompendo xarróns, e nos que ademais de evitar ser atacado polos ninjas, hai que intentar non danar as geishas.
Axouxeregames.com é un estudio de creación de videoxogos aberto recentemente e impulsado por Adrián Rodríguez e Antonio Gundín.