CIG-Saúde cualifica como "chiringuitos" para colocar cargos "a dedo” as dúas novas axencias da Xunta

Sede da Consellaría de Sanidade © Xunta

"Chiringuitos". Para CIG-Saúde a presentación, este xoves, dos borradores dos decretos de creación da Axencia Galega do Coñecemento en Saúde e da Axencia de Sangue, Tecidos e Órganos confirmou as denuncias que xa realizara hai uns meses. Segundo o sindicato, os novos entes teñen como obxectivo principal “crear postos fóra de cadro, baixo o epígrafe de libre designación”, mentres se deixa o persoal investigador "nunha situación de inestabilidade e a expensas do que recolla cada ano a Lei de Orzamentos". A central critica, ademais, a falta de diálogo do SERGAS, que "non tivo a ben incorporar ningunha das modificacións propostas nas alegacións presentadas". 

Para María Xosé Abuín, é especialmente grave que no texto non se especifiquen, tal e como se recolle na Lei de Ciencia, os requisitos necesarios para acceder a postos de dirección

Para a secretaria nacional de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, é especialmente grave que no texto non se especifiquen, tal e como se recolle na Lei de Ciencia, os requisitos necesarios para acceder a postos de dirección. É por iso que sospeita que o SERGAS utilizará estas axencias para colocar a cargos “nomeados a dedo”. O borrador prevé facer nomeamentos administrativos no caso de que a persoa a designar sexa profesional de carreira ou estatutaria fixa, con licenciatura universitaria ou de grao, e contratos de alta dirección a quen non cumpra estes requisitos. Ademais, non se especifica se –estes últimos- deben ou non ter relación co sistema sanitario.

Segundo Abuín, na propia Mesa Sectorial o SERGAS xa anunciou a súa intención de contratar baixo a modalidade de “alta dirección” a dúas persoas. Unha sería a Directora do ente e a outra “sospeitamos que é unha persoa que xa aparece no directorio do SERGAS como Xefe de Servizo cando a súa vinculación é como auxiliar administrativo”.

 

"Oportunidade perdida para a investigación"

Manuel González Moreira, membro da Executiva da CIG-Saúde, lamentou a oportunidade perdida que representan estes decretos “para potenciar e desenvolverá  investigación na sanidade pública”

Manuel González Moreira, membro da Executiva da CIG-Saúde, lamentou a oportunidade perdida que representan estes decretos “para potenciar e desenvolverá  investigación na sanidade pública”. Segundo o sindicato, o propio proxecto, no seu articulado, xustifica que non se vai potenciar o I+D+i "porque a situación de crise impide o seu desenvolvemento".

Para a central, a creación desta Axencia "tería sentido se o seu obxectivo fora garantir a estabilidade laboral do persoal investigador contratado polo programa Miguel Servet, profesionais que tiveron que superar un proceso de acceso altamente competitivo no que obtiveron as máximas cualificacións e que contan con demostrado prestixio no labor que desenvolven". Porén, o decreto de creación da axencia implica manter en situación de “inestabilidade” laboral o persoal investigador, pois a súa continuidade estará condicionada cada ano pola Lei de Orzamentos.

Para a central, a creación desta Axencia "tería sentido se o seu obxectivo fora garantir a estabilidade laboral do persoal investigador contratado polo programa Miguel Servet"

González Moreira denunciou que "se está deixando en mans de empresas privadas a investigación biomédica" e que isto coloca os profesionais "nunha delicada situación á hora de tomar decisións" porque ao final “as únicas fontes que temos son as que chegan da industria farmacéutica e custa moito discernir se se basean en información científica ou atenden aos intereses dos laboratorios”.

Sede da Consellaría de Sanidade © Xunta

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.