Como protexer a túa privacidade nas redes sociais?

'Deep Face' é a nova ferramenta de detección de rostros de Facebook © Facebook

Código á Feira, o blog de programación de Praza Pública, publica un interesante post sobre as novas ferramentas de identificación de rostros en imaxes empregadas por Facebook, con algúns consellos para protexer a nosa intimidade.

O algoritmo de detección de caras dentro de fotografías xa está moi preto de ser similar á capacidade dos humanos para coñecernos entre nós

Tal e como leva saíndo xa algún tempo, Facebook está a mellorar as súas ferramentas de detección de persoas dentro das fotos que os usuarios suben. Isto moi seguramente pase tanto en Facebook como en calquera outra rede social de uso masivo do estilo de Google+.

Unha nova que saiu recentemente é que o algoritmo de detección de caras dentro de fotografías xa está moi preto de ser similar á capacidade dos humanos para coñecernos entre nós (97.25% contra 97.53%) e isto é unha nova moi inquietante. Este artigo indica ademais, que agora é capaz de detectar caras que non están de frente, senón que tamén é capaz de asociar unha cara de perfil cunha persoa concreta.

O uso ou desta información pode superar con creces as asociacións que nós compartimos públicamente nas redes sociais, e neste caso, a venda desa información pode traerlle moitos beneficios ás empresas, pero tamén pode pasar que esa información poida ser roubada e con ela gran parte da nosa vída pública, ou o peor de todo, aquela que nós consideramos que é privada.

Este escenario de coñecemento total dos individuos que utilizan as redes sociais traerá consigo un novo modelo de negocio publicitario que as empresas de marketing aproveitarán ata o extremo, xerando anuncios personalizados para cada persoa o estilo de Minority Report.

Temos que ser conscientes que agora mesmo a nosa privacidade é un ben moi preciado por todas as empresas, e estamos ofrecendo demasiada información nosa a estes xestores que farán o que sexa por obter beneficios coas nosas relacións

Temos que ser conscientes que agora mesmo a nosa privacidade é un ben moi preciado por todas as empresas, e estamos ofrecendo demasiada información nosa a estes xestores que farán o que sexa por obter beneficios coas nosas relacións. Estamos a compartir cada vez máis fotos de rapaces pequenos, de outras persoas do noso entorno, vídeos e todo tipo de contidos que permiten xerar estas relacións entre nós de maneira moi precisa. Tamén é importante entender que a privacidade que ti xestionas na túa conta, é relativa á que compartes co resto dos visitantes, pero non coa propia rede social.

 

Protéxete dos automatismos

Unha das medidas que podes tomar para evitar por exemplo o auto-etiquetado en fotos é crear unha galería dentro das túas fotos á que só teñas ti acceso, poñendo a privacidade da mesma a "só eu". Nesta galería sube imaxes de xente descoñecida, de catálogos, de modelos, de distintas razas e xéneros, algo do estilo deste resultado de imaxes de google e etiquétate nelas.

Ante todo ten en conta, se non queres que algo saia a luz en Facebook, non sexas o primeiro en publicalo

Deste xeito, as redes sociais terano máis complicado á hora de asociar a túa cara a un patrón fixo e poderás salvar a túa privacidade un chisquiño máis que antes. Ante todo ten en conta, se non queres que algo saia a luz en Facebook, non sexas o primeiro en publicalo :)

Se queres obter máis información deste tema, tamén podes consultar estas interesantes fontes:

El reconocimiento facial de Facebook, tan preciso que da miedo

Facebook is working on ‘deep learning’ neural networks to learn even more about your personal life

N.S.A. Collecting Millions of Faces From Web Images

Facebook’s new face recognition knows you from the side

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.