Denuncian irregularidades na concesión de bolsas postdoutorais da Xunta

Concentración de investigadores en Ourense Dominio Público Praza Pública

As Axudas de Apoio a Etapa Inicial de Formación Posdoutoral do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 teñen como obxectivo o completar a formación de investigadores e investigadoras que veñen de presentar a súa tese de doutoramento. Entre os requisitos esixidos para a súa concesión figura o "non ter sido seleccionado/a nos programas posdoutorais Ángeles Alvariño e Isidro Parga Pondal do Plan Incite, no programa Ramón y Cajal ou outros asimilables”. Trátase, en definitiva, de reservar estas bolsas para aqueles doutores e doutoras recentes, que ainda se atopan nesa devandita etapa inicial de formación. 

Algúns dos candidatos admitidos gozaron deste tipo de bolsas, do mesmo tipo que as que agora se están resolvendo. Iso é o que algúns dos candidatos denuncian ante a Consellaría de Educación, que se limita a responder que esas axudas previas "non son asimilables"

Porén, varios candidatos advertiron que algúns dos admitidos o pasado 21 de xaneiro na listaxe provisional da Secretaría Xeral de Universidades xa gozaran de bolsas semellantes con anterioridade. O punto que parece centrar a polémica é a referencia que se fai na convocatoria aos outros programas asimilables aos Ángeles Alvariño, Isidro Parga Pondal ou Ramón y Cajal. Esa referencia pódese interpretar de maneira moi subxectiva, pero a lóxica marca que deben englobar todas aquelas axudas destinadas a promover a movilidade de doutores e fomentar a súa formación en centros do extranxeiro tras a lectura da tese, na primeira etapa de formación posdoutoral. E tamén ás axudas integradas en planes de formación posdoutoral, financiados tanto polo Ministerio de Educación como pola Consellería de Educación, que son claramente asimilables na súa función formativa e de estabilización dos investigadores, en Galicia ou no resto de España.

Esta polémica pode chegar nas vindeiras semanas ao Parlamento

Algúns dos candidatos admitidos gozaron deste tipo de bolsas, do mesmo tipo que as que agora se están resolvendo. Iso é o que algúns dos candidatos denuncian ante a Consellaría de Educación, que se limita a responder que esas axudas previas "non son asimilables". Esta polémica pode chegar nas vindeiras semanas ao Parlamento, pois algún dos denunciantes está poñéndose en contacto cos grupos da oposición para que leve este caso á camara.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.