Dez anos de celebración ao redor do software libre

Cartaz do ciberencontro Dominio Público Asociación Comunidade O Zulo

A asociación Comunidade o Zulo e o Concello de Mugardos organizan un ano máis un ciberencontro lúdico-tecnolóxico centrado no software libre e a cultura libre. Ademais, o encontro coincide este sábado co Día da Liberdade de Software, que se celebra en todo o mundo o terceiro sábado de cada mes. O obxectivo é concienciar o público sobre os beneficios de empregar este tipo de tecnoloxías e sistemas tanto en ámbitos empresariais coma en administracións públicas, educativas e tamén para os usos particulares e os fogares.

O evento leva celebrándose dende 2004 cunha participación moi variada: dende rapaces de 15 anos até universitarios, electricistas ou informáticos. Consta de relatorios, concertos, sesións de xogos en liña e mesmo unha ciberlaconada. "Sentimos paixón polo Software e a Cultura Libre, así que se queres aprender ou ensinar swlibre, no Kernel 2013 terás oportunidade de coñecer a moita xente con intereses comúns", destacan os seus organizadores. O prezo da inscrición será de 8€ para os socios da comunidade e de 10€ para os non socios. Todas as actividades celébranse na Casa da Cultura de Mugardos, agás o II Rock no Trope, que acolle o Pub O Tropezón.

 

Programa

Sábado 21

01:30 Campionato OpenArena

12:00 Software Freedom Day 2013

12:15 Relatorio: Drupal, presente e futuro

12:35 Relatorio: O proxecto Debian.

17:00 Obradoiro Arduino

19:00 CiberOlimpiada

22:00 PorkoByte: CiberLaconada

23:59 III Rock No Trope

Domingo 22

12:00 Final Campionato OpenArena

13:30 Entrega de premios

17:00 Clausura

Cartaz do ciberencontro Dominio Público Asociación Comunidade O Zulo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.