Exemplos de éxito nas redes exporán en Lugo os seus proxectos

Captura de pantalla de 'Yo fui a EGB' Dominio Público Praza Pública

Lugo acollerá o vindeiro martes 10 de marzo unha xornada sobre innovación dixital, #lugoinnova. O evento contará coa presenza de recoñecidas figuras do mundo dixital, impulsores de innovadores e modélicos proxectos en diferentes ámbitos. Terá lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos e a asistencia totalmente gratuíta, malia que limitada polo aforo do recinto, polo que será necesario reservar praza a través da web da Deputación.

A xornada #lugoinnova reunirá en Lugo destacadas figuras do mundo dixital que analizarán a estreita relación entre a innovación e o crecemento económico e social dun país, proceso que se acelera considerablemente coa aparición da compoñente dixital, polo que son moitas as persoas, empresas e organizacións que non dubidan en incorporarse e apostar pola teconoloxía e a rede nos seus modelos de crecemento.

Entre os participantes estará José Antonio Rodríguez Salas, @JoseAntonioJun, alcalde do concello granadino de Jun, pioneiro en España no uso das redes sociais na participación cidadá

Entre os participantes estará José Antonio Rodríguez Salas, @JoseAntonioJun, alcalde do concello granadino de Jun, pioneiro en España no uso das redes sociais na participación cidadá. De feito, este rexedor é o alcalde co maior número de seguidores en Twitter, superando os 300.000 followers. Rodríguez Salas falará sobre o Papel de Twitter na política e a administración pública. O caso Jun.

Tamén tomarán parte Javier Ikaz e Jorge Díaz, creadores do popular blog Yo fui a EGB, unha homenaxe á infancia dos anos 80, que conta con máis dun millón de seguidores habituais na rede, e autores do libro inspirado no blog, que logrou situarse entre os tres máis vendidos do país.

Tamén tomarán parte Javier Ikaz e Jorge Díaz, creadores do popular blog Yo fui a EGB

A cita completarase coa intervención de Alfonso Alcántara, @yoriento, recoñecido especialista en motivación e emprego 2.0. Alcántara impartirá o obradoiro #SuperProfesional: Reinvéntate en 120 minutos, no que explicará os mellores consellos e os segredos do emprego 2.0, a marca persoal e o emprendemento para atopar e crear oportunidades persoais e laborais, e que o autor analiza no seu libro #SuperProfesional: 6 superpoderes para aprovechar tu talento y alcanzar tus objetivos.

Os que non poidan acceder ese día ao Salón de Actos do Pazo de San Marcos, poderán seguir íntegro o evento a través de streaming, grazas ao traballo da Fundación TIC.

Captura de pantalla de 'Yo fui a EGB' Dominio Público Praza Pública
José Antonio Rodríguez Salas, alcalde de Jun Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.