Expertos en liberación de datos reuniranse este mércores en Compostela

Dominio Público Praza Pública

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) en colaboración coa Axencia de Modernización de Galicia (Amtega), organiza este mércores a xornada Open Data, Oportunidades de Transparencia na Era da Información.

O obxectivo é afondar neste movemento, que aposta por que determinados datos estean dispoñibles de forma libre a todo o mundo, sen restricións de copyright nin patentes, ou outros mecanismo de control. A filosofía do Open Data reside en liberar os datos co fin de propiciar o seu uso.

Intervirán o director de Atención Cidadá do Goberno Vasco, Alberto Ortiz de Zárate Tercero; o director de Proxectos da empresa galega Bahía Software, Emilio José Diez Rico ou David Cabo, patrono fundador da Fundación Ciudadana Civio

O encontro terá lugar no Auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura. Intervirán o director de Atención Cidadá do Goberno Vasco, Alberto Ortiz de Zárate Tercero; o director de Proxectos da empresa galega Bahía Software, Emilio José Diez Rico; ou David Cabo, patrono fundador da Fundación Ciudadana Civio, creador de dondevanmisimpuestos.es e tuderechoasaber.es.

Tamén estarán María José García Sexto, directora da Área de Modernización das Administracións Públicas de Amtega, da Xunta de Galicia; e Carlos de la Fuente García, director de Servizos Tecnolóxicos da Fundación CTIC. A xornada pecharase cunha mesa redonda sobre os Retos de Futuro do Open Data.

Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.