Google penalizará aquelas web sen deseño adaptado a dispositivos móbiles

Google premiará as webs cun deseño adaptado a todos os soportes Dominio Público Praza Pública

Rechouchíame, o blog de tecnoloxia e redes sociais de Praza, analiza o ultimatum dado pola compañía, o 21 de abril, que premiará cun mellor posicionamento ás páxinas construídas pensando en todos os soportes.

Desde hai tempo se ven advertindo da importancia de crear ou redeseñar os sitios web de cara a ser correctamente visiualizados en tódolos dispositivos. O coñecido como deseño web adaptativo é unha tendencia en deseño web principalmente impulsada pola explosión do mercado dos teléfonos móbiles intelixentes e das tablets (en menor medida). É máis, o smartphone xa é hoxe o primeiro dispositivo de acceso a Internet segundo a Encuesta sobre Equipamiento y Uso de Tecnologías de Información y Comunicación en los Hogares do INE.

Google non ignora esta circunstancia e aínda que xa viña premiando o deseño web adaptado con mellor posicionamento, agora dá un ultimatum e ponlle data: 21 de abril. A partir deste día, todos aqueles sitios web que non implementen versións para ás diferentes resolucións de pantalla verán moi prexudicada a súa posición nos resultados do buscador.

Desde a compañía estadounidense sempre se afirmou que todas estas medidas están encamiñadas a ofrecer aos usuarios aquelas webs que lle ofrezan unha mellor experiencia de navegación.

A cuestión agora é que facer? En primeiro lugar, comprobar se a web responde aos criterios que Google considera aptos. Para isto pódese usar a seguinte ferramenta. O aplicativo proporciona unha serie de indicacións de cara mellorar o deseño para móbil do sitio web analizado.

A continuación, unha serie de consellos para evitar o castigo de Google:

  • Evitar o uso de Flash. Apenas quedan dispositivos que soporten esta tecnoloxía.
  • Adaptar os espazos de texto para que non sexa necesario facer zoom na pantalla do móbil.
  • Os contidos deben estar readaptado de maneira que non sexa necesario facer scroll horizontal.
  • Os botóns e ligazóns deben ter un espaciado suficiente para evitar premer de maneira erronea.

Son cada vez máis as voces que manifestan que o deseño web debe concebirse desde o móbil cara o dispositivo de escritorio e non ao revés

Con todo, son cada vez máis as voces que manifestan que o deseño web debe concebirse desde o móbil cara o dispositivo de escritorio e non ao revés. Haberá que ver, a partir do día 21, como afecta realmente ao posicionamento esta nova normativa de Google, sobre todo en sitios web con moito tráfico.

O 21 de abril é a data límite Dominio Público Praza Pública
Google premiará as webs cun deseño adaptado a todos os soportes Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.