A asociación Comunidade o Zulo e o Concello de Mugardos organizan un ano máis un ciberencontro lúdico-tecnolóxico centrado no software libre e a cultura libre. O evento leva celebrándose dende 2004 cunha participación moi variada: dende rapaces de 15 anos até universitarios, electricistas ou informáticos. Segundo os seus organizadores "sentimos paixón polo Software e a Cultura Libre, así que se queres aprender ou ensinar swlibre, no Kernel 2012 terás oportunidade de coñecer a moita xente con intereses comúns".
As Xornadas de Software Libre son encontros e intentos de achegar outro xeito de mañexar os computadores e a información, dun xeito libre e sen ataduras. O kernel 2012 celebrarase os días 21, 22 e 23 de setembro, cun programa que incluirá charlas, obradoiros, competicións, concertos e mesmo unha CiberLaconada. O encontro inclúe tamén un campionato de OpenArena, un xogo de acción en primeira persoa en 3D e opensource. Non por casualidade din que é "o evento tecnolóxico máis geek de Ferrolterra!". O prezo da inscrición é de dez euros.
O sábado 22 de setembro haberá un encontro aberto no Pub Tropezón en Mugardos para celebrar a segunda edición de Rock no Trope, "unha festa aberta para tódolos amigos e amigas da Comunidade".
Programa
Venres 21
17:00 Apertura
21:00 Drupal #BoF
23:00 Primeira rolda OpenArena
Sábado22
12:00 Charla "Trasno/GalPON"
12:40 Charla "Estudos de saude con software libre"
13:20 Charla "Usos profesionais de GNU/Linux: 5 casos reais"
17:00 Obradoiro: "Iniciación á robótica con Arduino"
19:00 CiberOlimpiada
22:00 PorkoByte: CiberLaconada
23:59 II Rock No Trope
00:00 Café
Domingo 23
12:00 Final Campionato OpenArena
13:30 Entrega de premios
17:00 Clausura