Nace 'Ollos de Aula', a revista da Coordinadora de Equipos de Normalización

© CGENDL

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística vén de publicar o primeiro número de Ollos de Aula, unha revista mensual que busca ser unha canle de comunicación entre mestres, centros de ensino e familias para "acompañarvos na difícil tarefa de educar os vosos fillos e fillas". A revista pode descargarse en pdf ou imprimirse en A4 nunha versión deseñada ao efecto.

O obxectivo da publicación é achegar "información variada ao redor da educación e convidarvos a reflexionar sobre aqueles temas que vos poden preocupar como nais e pais".

No primeiro número inclúe unha serie de recomendacións para "comezar ben o curso". Tamén artigos que analizan a nova lei de educación e sobre lingua. E ao igual que vai haber nas seguintes entregas, unha serie de recomendacións literarias, musicais e de viaxes.

© CGENDL

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.