Este luns nacerá unha nova rede social. Chámase vintecinco.com e ten unha estética e funcionamento moi semellantes aos de Tuenti ou, sobre todo, Facebook. A novidade é que vintecinco.com é unha rede social estritamente galega e en galego e pensada para mozos e mozas que roldan ou vinte ou os trinta anos. Máis ou menos, tamén a idade dos seus creadores, Javier, Pablo, Nadia e Óscar, que tamén se comprometen a que a aplicación non terá publicidade.
O proxecto contou cunha axuda de 4.000 euros do programa Iniciativa Xove da Xunta e presentarase a partir do luns 3 de setembro, facendo especial fincapé na divulgación da iniciativa nas tres universidades e nas cidades.
Xa se pode entrar na rede social, ben creando un novo perfil, ou directamente aproveitando unha conta xa existente de Facebook.