O castro de Hortas, nas Cíes, é un dos xacementos da Idade do Ferro máis singulares de Galicia. Pola súa situación nunha illa; e, ademais, pola súa localización, xa que se atopa no extremo sur da illa do Medio ou illa do Faro, nun lugar moi escarpado que permitiría un control total das rutas marítimas
O castro de Hortas, nas Cíes, é un dos xacementos da Idade do Ferro máis singulares de Galicia. En primeiro lugar, pola súa situación nunha illa; e, ademais, pola súa impresionante localización, xa que se atopa no extremo sur da illa do Medio ou illa do Faro, nun lugar moi escarpado que permitiría un control total das rutas marítimas. Nas últimas semanas o Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo levou a cabo unha nova campaña de sondaxes no castro que, unida aos traballos anteriores, permitiu afondar no coñecemento deste xacemento.
Para o equipo de investigación agora confírmase que a ladeira do castro estivo ocupada dende a época castrexa ata a Idade Media. Dende o mes de abril traballouse en dúas sondaxes. Na primeira delas ampliouse unha anteriormente feita en 2025, na que xa se documentaran unha serie de muros e un solo. Nesta sondaxe “apareceron máis estruturas e púidose observar a presenza de dous niveis de ocupación, datados en época tardoantiga (séculos V e VI d.C.) e outro altomedieval (séculos IX e X d.C.).
“Sorprende a cantidade de cerámicas recollidas. Toda esta lixeira aparece fóra dunha gran casa de época castrexa, a primeira que se constata nas illas Cíes e que é a proba segura da presenza alí dun importante asentamento humano previo á chegada dos romanos”, destaca o equipo
A segunda sondaxe situouse nunha zona na que un cambio de cota suxería a presenza dun posible pano de muralla. “Dende o inicio, quedou claro que se trataba dunha zona de lixeira dos restos de alimentación dos habitantes castrexos desa zona da illa, coa aparición dun cuncheiro que case alcanzaba os tres metros de profundidade”, sinala o equipo da UVigo.
Na sondaxe recuperáronse ademais varias mostras de fauna que serán estudadas polos especialistas da Universidad de León para determinar os patróns alimenticios dos habitantes do castro de Hortas durante a Idade do Ferro.
Nesta sondaxe “apareceron máis estruturas e púidose observar a presenza de dous niveis de ocupación, datados en época tardoantiga (séculos V e VI d.C.) e outro altomedieval (séculos IX e X d.C.)
“Sorprende igualmente a cantidade de cerámicas recollidas", que serán tamén analizadas no laboratorio do GEAAT no campus de Ourense. "Toda esta lixeira aparece fóra dunha gran casa de época castrexa, a primeira que se constata nas illas Cíes e que, por fin, é a proba segura da presenza alí dun importante asentamento humano previo á chegada dos romanos”, subliñan.
Segundo indican desde o grupo, os bos resultados obtidos na campaña realizada nel o pasado ano, levaron a propoñer esta segunda intervención en 2026 que buscaba “recuperar máis información dos posibles restos arqueolóxicos situados na ladeira leste, así como clarificar os distintos momentos de ocupación dun xacemento emblemático na arqueoloxía galega”.
A campaña buscaba “recuperar máis información dos posibles restos arqueolóxicos situados na ladeira leste, así como clarificar os distintos momentos de ocupación dun xacemento emblemático na arqueoloxía galega”
Esta campaña 2026 no castro de Hortas do Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio foi realizada no marco do proxecto Sentinela: Patrimonio Cultural Ameazado, financiado pola convocatoria de Proxectos de Investigación en Parques Naturais de 2022, do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico e apoiado pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. O seu obxectivo é catalogar os bens culturais das illas do Parque Nacional Marítimo-Terrestre Illas Atlánticas de Galicia.