Oito novos proxectos para a incubadora da Universidade de Vigo

© Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo entregou este luns os seus Premios INCUVI-Emprende, que chegan á súa segunda edición. Oito proxectos empresariais, dos 33 presentados, recibirán un apoio para a súa posta en marcha facendo uso das instalacións do campus vigués e da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra. Os oito proxectos gañadores, que toman o relevo das iniciativas que obtiveran o recoñecemento o pasado ano, teñen en común a aposta pola tecnoloxía.

Os proxectos premiados foron Monet, unha aplicación de tecnoloxías sen fíos a explotacións agrícolas, gandeiras e acuícolas; Smart Rubbishque se centra na recollida selectiva de lixos; Vid, un buscador de datos para pequenas e medianas empresas; Econova, unha rede de explotación sustentable e limpeza de montes comunais; o Edificio Modular Sustentable para a execución de vivendas e servizos dun só piso; Frogspace, proxecto centrado no desenvolvemento e validación de picosatélites; Interartyve Books, que ten como meta a posta en marchar dunha editorial dixital especializada en arte contemporánea e Fogar 12 Fogarque une arte e repostería.

No acto de entrega dos premios tamén interveu Berce, que participou o ano pasado nesta incubadora de proxectos e que foi, entre outros galardóns, merecedora do Premio Nacional de Emprendemento

Ademais do uso das instalacións a Universidade de Vigo tamén os fornece de protección e asesoramento e os gañadores fanse ademais cun teléfono fixo, un smartphone, un dispositivo de webTV e un bono formación de 1000 euros. No acto de entrega dos premios tamén interveu Berce, que participou o ano pasado nesta incubadora de proxectos. Impulsada por Rubén Míguez e Víctor Manuel Alonso da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións, esta empresa está dirixida a facilitar a comunicación entre familias e educadores de centros de infantil de 0 a 6 anos e foi, entre outros galardóns, merecedora do Premio Nacional de Emprendemento.

Foto dos premiados e premiadas © Universidade de Vigo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.