Os Erasmus residentes en Porto maniféstanse contra a política educativa do PP

José Ignacio Wert, ministro de Educación e Cultura © Goberno de España

Este grupo de estudantes esixie "unha educación pública, gratuita e de calidade" e salienta especialmente o gran recorte que veñen de sufrir as bolsas adicionais e Erasmus

Estudantes do programa Erasmus residentes en Porto e procedentes de todo o Estado protestarán ese xoves contra as políticas educativas do Partido Popular. Farano ante o consulado de España na cidade, coincidindo coas protestas que están convocadas este día contra o proxecto do ministro Wert.

Os e as estudantes opóñense ás políticas do Goberno en materia educativa, que levan ao "desartellamento do ensino público" e supoñen "un gran paso máis cara á elitización e mercantilización da educación, todo enmarcado na continuación do Plano Boloña". Este grupo de estudantes esixie "unha educación pública, gratuita e de calidade" e salienta especialmente o gran recorte que veñen de sufrir as bolsas adicionais e Erasmus.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.