Os Premios Eganet xa teñen finalistas

Os premios EGANET Dominio Público Eganet

As TIC galegas celebran este venres en Vigo dúas das súas grandes citas anuais. O Pazo de Congresos Mar de Vigo acollerá a pratir das 12.30 horas a X Edición dos Premios Eganet, que concede a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías. Previamente, dende as nove da mañá, e nunha cita que se desenvolverá até o mediodía, celebrarase a cuarta edición anual do Lacon Network, o encontro gastronómico que busca animar o desenvolvemento de sinerxías entre proxectos TIC a través do networking, a outra gran festa dos emprendedores TIC galegos, e que nesta ocasión contará coa presenza de Enrique Dans.

O xurado dos premios EGANET vén facer públicos os e as finalistas en cada unha das categorías, entre as 105 candidaturas presentadas. Na Gala tamén se entregará o Premio Especial Eganet, elixido en votación interna polos socios de Eganet, que recaeu este ano no programa Banda Ancha da Radio Galega dirixido por Xosé María Fernández Pazos, programa de radio que cumpre cinco anos dedicados á difusión das novas tecnoloxías e a sociedad de información en Galicia. A listaxe definitiva de finalistas é a seguinte:

Categoría: Proxecto Colaborativo TIC

  • Murallas Dixitais, presentado por Astrágalo Studio, Academia Postal3 Vigo, G12 Grupo e CLICTIC
  • Portal das Palabras, presentado por imaxin|software, Real Academia Galega (RAG), Fundación Barrié e CG Produccións
  • Integración CMS e ERP, presentado por Visual Publinet e Inteco Ingeniería
  • Feirón, presentado por R, Softwhisper, A Navalla Suiza e Tuapli

Categoría: Aplicación Software

  • SmartNauTic - Navegador nautico en realidade aumentada, presentado por Human Soft
  • Pictoaplicaciones, presentado polo Grupo Promedia
  • iPetrol - Monitorización de Estacións de Servicio, presentada por Conexiona Telecom
  • xeoPesca, presentado pola Asociación xeoPesca

Categoría: Comunicación Dixital

  • Campaña en Galicia do Sorteo de Oro de Cruz Roja, presentado por Nasas, Agencia Creativa de Marketing Online
  • Open Day Entremetidos - La Atalaya Coruñasa, presentado por Entremetidos
  • O Castelo da Rocha Forte, presentado polo Concello de Santiago de Compostela
  • Portal das Palabras, presentado por imaxin|software

Categoría: Negocio Online

  • Felicitame.es, presentado por Contact Comunicación
  • "Un puntazo" programa de fidelización e ecommerce, presentado por Disashop
  • Xcloud Bookstore, presentado por Enxenio
  • El Faro de los Tres Mundos, presentado por Visual Publinet 

Os finalistas da categoría Proxecto Emprendedor TIC daranse a coñecer este xoves, unha vez rematado o proceso de votación popular que se está a levar a cabo na páxina en Facebook de Eganet.

 

Cuarto Lacon Network

A grande afluencia prevista obrigou a cambiar o lugar inicialmente previsto, as instalacións de Porto do Molle, e espérase superar os 450 asistentes da pasada edición

O Lacon Network chega á súa cuarta edición, convertido no grande encontro dos emprendedores TIC galegos, e de seguro contará cunha grande asistencia e participación. De feito, a grande afluencia prevista obrigou a cambiar o lugar inicialmente previsto, as instalacións de Porto do Molle, e espérase superar os 450 asistentes da pasada edición.

A LaconNetwork celébrase mensualmente e así chegou á súa edición 45, confirmando a súa consolidación dentro do calendario sectorial galego como unha cita mensual de referencia. Pero é na súa adición anual onde congrega centos de persoas, convertida nunha cita inescusable para emprendedores, empresarios, investidores e autoridades.

Nesta edición, baixo a lema O fin xa está preto cóntase coa presenza de Enrique Dans, autor de Todo va a cambiar, que falará de comunicación en medios sociais e marca persoal

Nesta edición, baixo a lema O fin xa está preto cóntase coa presenza de Enrique Dans, autor de Todo va a cambiar, que falará de comunicación en medios sociais e marca persoal. Emprendedores de éxito e novos emprendedores contarán “as súas peripecias para sobrevivir, buscar financiamento, crear modelos de negocio e contar experiencias de éxito internacional, que tamén as hai”, como destacan os promotores do evento. A sesión finalizará co habitual xantar informal.

Imaxe da terceira edición do Lacon Network, celebrada o pasado ano Dominio Público Praza Pública
Imaxe da terceira edición do Lacon Network, celebrada o pasado ano Dominio Público Praza Pública
Enrique Dans Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.