Para RACE e Microsoft, escribir no móbil conducindo é tan perigoso coma ir bébedo

© RACE

O Real Automóvil Club de España (RACE) e Microsoft veñen de presentar un informe sobre as distraccións ao volante, a primeira causa de mortalidade nas estradas españolas, realizado a partir de 1400 entrevistas. Así mesmo, analizaron os datos oficiais sobre accidentes e sancións a condutores. A conclusión á que chegaron foi que enviar un SMS ou un e-mail a través do teléfono móbil mentres se conduce, supón un risco meirande que beber alcohol. 

Durante o ano 2011 impúxéronse máis de 136.800 sancións por falar polo teléfono móbil. E entre 2009 e 2012, un total de 141 condutores perderon o carné só por este motivo. A sanción por falar polo móbil sen mans libres, levar auriculares ou manipular un dispositivo é de 200 euros a retirada de tres puntos do permiso de condución. As distraccións ao volante supoñen a primeira causa de mortalidade nas vías españolas, con 649 falecidos en 2011 e un total de 33.000 accidentes con vítimas.

A enquisa revelou que o 16% dos condutores recoñece enviar sms ou e-mails mentres conduce e o 15% de los usuarios sufrira unha situación de risco por un móbil

A enquisa revelou que o 16% dos condutores recoñece enviar sms ou e-mails mentres conduce, o 15% de los usuarios sufrira unha situación de risco por un móbil, e a metade dos condutores recoñeceu falar polo teléfono sen utilizar un sistema de mans libres. RACE e Microsoft apoian tamén a súa hipótese sobre a perigosidade de empregar o móbil mentres se conduce un vehículo nunha anécdota que tivo lugar o 19 de outubre de 2011 en Dubai e Abu Dhabi, cando producíu unha interrupción de varios días no servizo de telefonía móbil. Neses días os accidentes de tráfico descenderon un 20%.

© RACE

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.