Poio acollerá en abril unha Mapping Party

Cartaz do evento Dominio Público Asociación de software libre Xeopesca

Poio acollerá o vindeiro sábado 11 de abril un encontro de mapeo, a Mapping Party Poio’15, que se celebrará no Centro Xaime Illa de Raxó. O obxectivo do evento, organizado pola asociación pola Asociación de software libre Xeopesca e que conta coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Poio e as asociacións SCD Raxo e ACDeM Armadiña, é "pasalo ben mentres aumentamos os datos xeográficos cunha licenza libre da contorna marítima do Concello de Poio", segundo destacan os seus impulsores, recollendo información cartográfica da contorna de forma colectiva e aberta, do mesmo xeito que se programa con código libre.

O obxectivo é "pasalo ben mentres aumentamos os datos xeográficos cunha licenza libre da contorna marítima do Concello de Poio"

A xornada comezará ás dez da mañá coa presentación do proxecto libre OpenStreetMap e a organización dos equipos para as zonas a cartografar. A partir das once, e durante tres horas, reaizarase o traballo de campo con explicacións de como empregar osmAndroid. Tralo xantar, traballarase coas computadoras para o verquido de datos obtidos en OpenStreetMap. O curso clausurarase a partir das oito da tarde. 

As persoas interesadas en participar deberán formalizar a inscrición a través deste formulario. O número máximo de asistentes será de 25. A selección dos candidatos realizarase por orde de inscrición. Recoméndase a disposición de calquera dos seguintes dispositivos: GPS, teléfono con GPS e cámara dixital. O evento poderase seguir a través das redes sociais co hashtag #mappingpartypoio e tamén na páxina de facebook de XeoPesca.

Cartaz do evento Dominio Público Asociación de software libre Xeopesca

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.