Pontevedra volve recibir un premio opolo seu modelo urbanístico. Desta vez foi o Center For Active Design (CAD), ong creada polo ex alcalde de Nova York, Michael Blommberg, quen premiou o desenvolvemento urbano da cidade, un recoñecemento que chega dunha organización na que participan universidades dos EUA, colectivos profesionais de arquitectos e diferentes organismos de saúde pública e urbanismo.
O prestixioso Center For Active Design recoñece o modelo urbanístico de Pontevedra
A cidade de Pontevedra, gobernada polo nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, foi recoñecida xunto outros cinco galardoado máis por un xurado de especialista que vloraron o bo facer da localidade en catro eixos fundamentais que recoñecen o esforzo por favorecer e incrementar a actividade física da veciñanza: o transporte, o ocio activo, os espazos públicos e a alimentación. No caso da urbe galega, ademais, o premio recibe un recoñecemento especial por constar dun modelo urbanístico que non só cambiou a cidade senón os hábitos dos seus cidadáns.
O premio chega pouco despois de que Pontevedra tamén recibise o recoñecemtno da ONU a través do Hábitat. O alcalde Lores, do BNG, volveu agradecer a colaboración e participación de toda a veciñanza no modelo urbano e destaco o aal que o premio do CAD supón para o proxecto de cidade que leva xa anos instaurando na urbe.
O premio será entregado no Columbus Circle de Manhattan o vindeiro 11 de maio nunha entrega que se celebrará ás 18.30, hora local.