Profesorado, PAS e estudantes da Universidade de Vigo péchanse na Reitoría contra a aplicación do decreto Wert

Unha das facultades da Uvigo © Uvigo

Pouco despois das catro da tarde deste mércores membros de todo os sectores da comunidade universitaria de Vigo iniciaron un peche na Reitoría da Universidade en protesta contra os recortes que está a sufrir o conxunto da Universidade e contra a aplicación do Decreto Wert e a súa aplicación na Universidade de Vigo que -denuncian- pode supor a redución do cadro de persoal de 300 profesores. Profesorado, PAS e estudantes afirman que "as medidas que se están a tomar dende a Reitoría só empeoran a calidade da Universidade" e denuncian que provocan "a masificación das aulas, a precariedade laboral e a perda de calidade docente e investigadora".

Denuncian que o decreto incrementará a partir de setembro a carga lectiva duns 500 profesores e provocará a perda de boa parte dos profesores asociados "e, con eles, do valor que achegan ás aulas coa sáu experiencia laboral fóra da universidade"

Estes colectivos levan tempo denunciando que a aplicación do Decreto Wert (Real decreto-lei 14/2012, de 20 de abril, de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo) incrementará a partir de setembro a carga lectiva duns 500 profesores e provocará a perda de boa parte dos profesores asociados "e, con eles, do valor que achegan ás aulas coa sáu experiencia laboral fóra da universidade".

Este xoves ás 9:30 da mañá está convocada unha concentración diante da Reitoría coincidindo coa realización do Consello de goberno no que, entre outras cuestións, se someterán a aprobación as normas básicas do POD para o curso 2013/2014.

Este xoves ás 9:30 da mañá está convocada unha concentración diante da Reitoría

O pasado 26 de febreiro xa se produciu unha concentración rexeitando a política da Reitoría. Os colectivos aseguran que "de continuaren as reformas por parte da reitoría, as mobilización non só continuarán, senón que se radicalizarán".

Unha das facultades da Uvigo © Uvigo

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.