Pontevedra acolle o venres 21 e o sábado 22 un obradoiro organizado polo Google Developers Group Vigo para para aprender a manexar a tecnoloxías Ruby on Rails e a linguaxe de programación Ruby e que, ao tempo, busca visibilizar a presenza feminina no sector informático e no mundo da programación. O Rail Girls Galicia 2016, patrocinado por Google España, GitHub, Igalia e GitLab, desenvolverase o sábado no Espacio Arroelo (Michelena, 11). As 20 prazas dispoñibles xa están cubertas, pero aínda é posible inscribirse nunha lista de espera na web.
O evento comezará o venres ás 19.30 na Casa da Luz, cunha setup party na que os asistentes poderán instalar o software necesario para as clases do día seguinte. Ademais, haberá charlas inspiradoras nas que se dará a coñecer a historia de programadoras españolas con traballos moi interesantes.
O obxectivo de Rail Girls Galicia é pór a disposición das persoas, o coñecemento e as ferramentas para iniciarse no mundo da programación. Os Ruby on Rails comezaron a organizarse en 2010 en Helsinki e é a primeira vez que chegan a Galicia. Ruby on Rails, normalmente chamado Rails ou RoR, é un framework de aplicacións web libre. Pretente incrementar a velocidade e facer máis sinxelo o desenvolvemento de sitios web, e ofrece un framework de código esquelete (andamiaxe).