Rodolfo Carpintier inaugurará o Compostweets 2013

Rodolfo Carpintier Dominio Público Praza Pública

O vindeiro 22 de marzo celébrase en Santiago a terceira edición de Compostweets, o Encontro Anual do Social Media en Galicia, que nesta ocasión xirará ao redor dos negocios en internet, o emprendemento online e o marketing dixital. Celebrarase pola tarde no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG). A entrada será libre e poderase seguir a través de streaming

Rodolfo Carpintier será o encargado de inaugurar o evento cunha conferencia titulada Cómo Internet pode salvar a túa empresa... ou afundilana que debullará a realidade do mundo dos negocios web, as súas estratexias, a súa posta en marcha e as claves para o éxito ou fracaso do emprendemento en internet. Carpintier foi incubador de empresas tan exitosas como Tuenti ou BuyVip, a través de Digital Assets Deployment (DAD) empresa da que é presidente, e foi bautizado pola prensa económica coma "o Goldman Sachs español", por ter sido capaz de detectar as posibilidades e investir en proxectos tan importantes como a rede social Tuenti, comprada por Telefónica o ano pasado; ou a empresa de venda online BuyVip, adquirida por Amazon en 2010. Apostou por elas na súa fase de start up, cando aínda daban os seus primeiros pasos, e deulles saída dunha forma absolutamente exitosa. “A nós interésanos o negocio e por iso entramos na fase na que entran os amigos ou as familias, non buscamos o control das compañías”, afirma.

A segunda parte de Compostweets 2013 é a do Business Web, un espazo no que se lle dará voz a cinco emprendedores para explicar o seu proxecto de negocio en internet

A segunda parte de Compostweets 2013 é a do Business Web, un espazo no que se lle dará voz a cinco emprendedores para explicar o seu proxecto de negocio en internet. O blogueiro tecnolóxico David Serantes, CEO de Serantes&Cía; Manuel García, director de operacións de la red Unio; José Manuel García Pérez, director de Innova Idiomas; o avogado 2.0 Enrique Soria, de Movendo; e José Luis Cabarcos, director xeral de IFFE; son os titores que acompañarán os emprendedores na preparación dos seus proxectos para ser presentados no Business Web. A mellor idea terá como recompensa un curso de e-commerce coa Escuela Europea de Negocios da man da Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia (AJE Galicia). A última das intervencións de Compostweets 2013 correrá a cargo de Rubén Bastón, Social Media & SEO Director en Elogia, que exporá as claves de marketing dixital como acelerador das vendas online.

 

Imaxe do público asistente á edición 2011 de Compostweets © Compostweets
Rodolfo Carpintier Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.