San Xoán de Río acolle un campamento espacial

Observatorio no que se levan a cabo parte das actividades Dominio Público Praza Pública

San Xoán de Río acollerá este verán un campamento espacial para nenos e nenas no Albergue dos Biocos. O Space Camp é un campamento de verán que aúna ciencia, astronomía e aventura. Inclúe observacións astronómicas, manexo de telescopios, microscopios e do planetario dixital, geocaching (GPS), e o lanzamento de cohetes de auga. 

Serán quendas de 13 días cun prezo dende 389 euros IVE incluído, pero os seus organizadores salientan que, "á vista das actuais circunstancias económicas e dos recortes nos campamentos públicos, hai a opción de mandar aos nenos/as só 7 días". Ademais, destacan que o prezo "é moi reducido en comparación co resto da oferta privada galega. De feito, estamos detectando moito interese entre familias de Madrid que están dispostas a traer aos seus fillos ao noso campamento, por ese aforro económico".

O campamento está organizado por Altega - Educación e Lecer, que conta con máis de 15 anos de experiencia no campo do tempo libre e xestionou catro albergues da Dirección Xeral de Xuventude. O responsable do SpaceCamp é Dositeo Veiga, licenciado en Física e astrónomo afeccionado, responsable da sección “últimas noticias” da revista Tribuna de Astronomía, e tradutor diario da web da NASA Astronomical Picture Of the Day en www.apodgalego.com.

 

Observatorio no que se levan a cabo parte das actividades Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.