Ciencia e tecnoloxía
Ignacio Ribas, reivindicando o investimento en ciencia dende os anos 20
O químico será o homenaxeado este ano no Día da Ciencia en Galicia, celebración promovida pola Real Academia Galega de Ciencias. Pediu que se aumentase o gasto en investigación e bolsas e desenvolveu produtos a partir do cornecho, cortiza de árbores, xestas e outros materiais naturais.
Na morte de 'Bens': Que fago se atopo un lobo mariño na praia?
A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños lembra as precaucións que cómpre ter no caso de atopar un animal como o aparecido a pasada semana nunha praia coruñesa, que vén de falecer por mor da desnutrición que padecía.
Unha ducia de datos sobre o sistema universitario galego
A Fundación CYD presentou o informe Las universidades españolas. Una perspectiva autonómica, que amosa a dimensión das tres universidades galegas, que nos últimos anos perderon alumnos, persoal docente e investigador e viron diminuír o seu financiamento.
O sector TIC emprega en Galicia o dobre de homes que de mulleres
O informe do Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (OSIMGA) amosa que en 2014 seguiu crecendo o número de empresas tecnolóxicas e de contidos, así coma o seu peso na economía galega, aínda que se perderon postos de traballo
A viaxe invisible do científico Ragnar Hult por Galicia en 1899
O salientable xeógrafo finés realizou estudos pioneiros dos granitos e do glaciarismo
Levamos séculos vivindo do mar. Por que non tentamos facer tecnoloxía para el?
O 27 e 28 de febreiro Vigo acollerá o Hackathon Sanjurjo Badía un evento para aprender ou para competir, adaptando hardware de consumo para facer innovación e desenvolvendo tecnoloxías aplicadas ao medio mariño.
Oque.gal: Algunha pregunta?
Hai uns días a Asociación Cultural Chuza! lanzou un portal web de preguntas e respostas colaborativas en galego, que emprega ferramentas de código aberto e software libre. Falamos do seu funcionamento cun dos seus responsables.
Reivindicación do médico José Goyanes Álvarez, “o sabio de Pontedeume”
A figura deste investigador visualiza o exilio interior de integrantes da comunidade científica perseguida polo franquismo
O hospital da Coruña, líder estatal en transplantes durante 2015
O complexo coruñés realizou 258 transplante o pasado ano, no que o número de persoas doadoras aumentou case un 20% en Galicia. Durante eses 12 meses o país rexistrou case 40 persoas doadoras por cada millón de habitantes.
Varias localidades galegas acumulan en 4 días máis chuvia que en novembro e decembro
Diversos puntos do país rexistraron nos primeiros dez días do ano case o dobre de precipitacións que en novembro e decembro.
Investigadores da UDC acreditan a relación entre suicidios e crise económica
Unha investigación do grupo Macrosalud da Universidade da Coruña liga a recesión económica e a suba do desemprego co incremento dos suicidios e aposta por políticas sociais que os preveñan e detecten nos estadios "máis temperáns" do problema.